O ballet é un espectáculo de danza, en que a música conta unha historia que executan os bailaríns e as bailarinas. O coreógrafo ou coreógrafa crea os movementos da danza.
Con isto estivemos traballando o alumnado de 4º de Primaria. Bailamos o Pizzicato do ballet Sylvia, de Léo Delibes.
Empregamos os pasos ofrecidos polo noso proxecto Tiroliro, e aínda que temos que mellorar, desfrutamos moito bailando, ademais de traballar a estrutura desta peza: ABA.
Tamén vos deixo o LINE RIDER que tanto nos gustan, deste Pizzicato de Delibes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario