jueves, 17 de diciembre de 2020

Artellando na aula

Déixovos por aquí algúns dos vídeos que fun gravando dalgunhas actividades que preparamos na aula de música. Iremos engadindo máis. Agardo que vos gusten!


           


jueves, 10 de diciembre de 2020

TEMPO DE NADAL

 Xa se aproxima o Nadal e na aula de música xa se vai notando.

Aquí vos deixo un genially con algunhas das actividades que estamos facendo ou faremos na aula de música para que as poidades ver tamén dende a casa.

martes, 1 de diciembre de 2020

Dime que fixeches!

Antón é un pouco preguntón, e quería saber moitas cousas. Por iso en Infantil nesta canción contámosllas e cantámosllas. Ademais dramatizámola cos xestos de cada animaliño, queredes volver a cantala? Aquí vola deixo. 

É de Migallas e gustounos moito!


E agora vou ver quen estivo moi atento/a e sabe contestar neste xogo a todas as preguntas!