martes, 31 de octubre de 2023

O twist do esqueleto!

Para menear o esqueleto, neste Samaín puxemos en práctica un baile moi divertido coa canción de ¨El Twist del esqueleto¨, fixémolo por parellas cuns pasos moi sinxelos e pasámolo moi ben.

Cambiamoslle a letra por unha proposta en galego que fai o proxecto tiroliro e ademais de bailar cantámola.

Ademais gustoulles moito este vídeo... por que será?

lunes, 30 de octubre de 2023

Algunhas actividades musicais

 Algunhas actividades feitas na aula de música podedes velas accedendo a través das imaxes.

Seguiremos engadindo máis actividades! Estade moi atentos/as!

viernes, 16 de junio de 2023

Eso que tú me das!

Como cada curso, toca despedirse do alumnado de 6º EP que nos veu acompañando durante todos estes anos e cos que compartimos un montón de cousas boas.

Non podo desexarlles máis que unha boa viaxe e que consigan todo o que propoñan. Aquí sempre terán un fogar, onde os recibiremos cos brazos ben abertos.

Este vídeo ben bonito quedará no recordo!

Graciñas por todos estes anos compartidos comigo. 

A profe Ana.

martes, 13 de junio de 2023

Achégase a noite máxica de San Xoán, a noite do venres 23 de xuño Dise que é unha das noitas máis curtas do ano, onde nos reunimos arredor dunha fogueira/cacharela/lumeira... para festexar o inicio do verán e protexernos das cousas malas. Lavamos a cariña coas herbas de San Xoán, apartamos as meigas dos nosos fogares colocando ditas herbas nas nosas casiñas, saltamos a fogueira para comezar ben o ano, e como non, as sardiñas e o churrasco, verdade?

Por iso na aula de música estamos a traballar con este sinxelo musicograma feito por Patricia Sánchez, para interpretar cos instrumentos de percusións de altura indeterminada (pandeireta, pandeiro, claves e triángulo), ademáis da voz, esta peza que é unha reinterpretación da popular Camposa, con letra sobre a festa feita pola banda Uxía Lambona e A Banda Molona, que lle chamaron A CAMPOSA DE SAN XOÁN!

LUUUUUUUUUUUMEEE!

jueves, 8 de junio de 2023

Letkiss con percusión

 En 5º de Primaria interpretamos con percusión de altura indeterminada (PAI) esta canción chamada Letkiss, de Hugo Strasser. 


martes, 30 de mayo de 2023

Believer: ritmo con vasos 6º EP

Aquí vos deixamos un vídeo que fixemos os de 6º con ritmos con vasos, co que acompañamos esta xenial canción de Imagine Dragons, Believer.

Agardamos que vos guste.

viernes, 26 de mayo de 2023

Danza 5º de Primaria

 Co novo currículo a materia de música pasa a chamarse ¨MÚSICA E DANZA¨, por iso engadimos o traballo con danzas na nosa aula de música. 

En 5º de Primaria, probamos por primeira vez esta danza acompañada con picas de madeira, e así foi o resultado. Debido ao nº elevado de alumnado, fixemos dous grupos.

Agardamos que vos guste.

martes, 9 de mayo de 2023

Count on me, Boomwhackers

 En imos probar a acompañar con boomwhackers a canción de Bruno Mars, Count on me. 

Antes de comezar facemos un quecemento co seguinte vídeo:

 

Para logo interpretala axudándonos deste outro:

jueves, 4 de mayo de 2023

Aí vén o Maio (musical)


Chegou o mes de maio, mes das flores. Fixen un recopilatorio de cancións para este mes que aquí vos deixo. Algunhas traballarémolas na aula con algúns cursos.

viernes, 28 de abril de 2023

Danza de los 7 saltos, con pequena percusión

 En 3º Ed.Primaria adaptamos a coñecida Danza de los 7 saltos, para acompañala con pequena percusión.

Trátase dunha canción acumulativa. Empregamos 7 instrumentos: cunchas, cascabeis, pandeiros, güiros, pandeiretas, cocos e triángulos. 

Escoitar canción

jueves, 27 de abril de 2023

As notas musicais + Na granxa de Pepito con campás

 Onte na clase con 6º de Ed. Infantil repasamos as notas coas súas personaxes coa canción de ¨Pequeño Mozart¨. Levamos con ela dende que comezamos o cole, e xa a saben estupendamente. Mirade!



Logo tocaron con campás e metalnotas a canción Na granxa de Pepito, tamén do método Pequeño Mozart. 

  

martes, 25 de abril de 2023

Pizzicato de Léo Delibes

 En Ed. Infantil traballamos con este musicograma onde aparecen uns personaxes ben coñecidos para nós: Tom, Jerry e un queixiño rico rico.

Primeiro traballamos con palabras tiqui-tiqui = Jerry, Tom-Tom= Tom, ñam-ñam= queixo.