jueves, 28 de enero de 2021

CANTAMOS POLA PAZ

O alumnado de 5º quixo cantar e acompañar de xestos esta canción. Ademais na PÁXINA WEB do centro e no blog de BIBLIOTECA, tedes máis actividades que foron levadas a cabo con motivo do día da paz.
Agardo que vos guste!

lunes, 18 de enero de 2021

MOVÉMONOS POLA PAZ

 Achégase o día da paz, e dende o cole queremos preparar esta canción acompañada con xestos, a ver que sae e se podemos ensinárvola. Chámase Móvete e é de Paco Nogueiras.

Aquí vos queda o vídeo para que a poidades ir practicando e escoitando dende a casa.

E tamén a letra:

miércoles, 13 de enero de 2021

PAKETUMETATA

Encántanos esta canción. Con ela traballamos a coordinación motriz e a atención, ademais de acompañar cantando. Resúltanos moi divertida!

lunes, 11 de enero de 2021

La vida es bonita!

Un pouquiño de optimismo sempre nos ven ben, e sobre todo nestes tempos que nos tocou vivir. Por iso escollín esta canción, para poder cantar e acompañala con xestos. É o novo éxito de Rosana, e coma sempre, máis positiva que nunca!  E chámase ¨La vida es bonita¨.

Déixovos a letra 

 e o vídeo para que poidades aprendela de ¨PE¨ a ¨PA¨.