lunes, 29 de marzo de 2021

Concerto Pakolas

Hoxe comeza o prazo para inscribirse e asistir ao concerto de Pakolas organizado polo concello de Ames. Se vos apetece un concerto, aquí vos deixo a información por se alguén se anima.

Música e divertimento asegurados, agora que estamos de vacacións, que non falte a música!

viernes, 26 de marzo de 2021

BLOB OPERA

Hoxe compártovos esta ferramenta tan curiosa e orixinal,  que nos permite experimentar coas 4 voces principais: soprano, contralto, tenor e baixo.  
Con ela podemos compoñer, divertirnos ademais de repasar estas voces, ademais de traballar a creatividade musical, altura do son, polifonía... Tamén ofrece a posibilidade de gravar a nosa composición e compartila, para que outras persoas a poidan escoitar. 
Animádesvos?

jueves, 25 de marzo de 2021

AS CALIDADES DO SON

Poñemos a proba os nosos oídos para ver se sabemos diferenciar entre as distintas calidades do son con estes pequenos cuestionarios. Pincha enriba de cada calidade (altura, duración, timbre ou intensidade) e compróbao!

lunes, 22 de marzo de 2021

A MIÑA TÍA

 Tantas tías que temos e que ben cantan e tocan as desta canción do grupo Mamá Cabra! Ademais de cantala bailamos e acompañamos con xestos. Aquí vos queda para seguir practicando.