O 23 de febreiro festexamos en Galicia o día de Rosalía de Castro, unha das nosas escritoras máis prezadas. Por iso dende a aula de música estamos traballando as cancións e arranxos que podedes atopar neste Genially que preparei.
1) Canción Rosalía Pequeniña de Uxía Senlle, cos máis pequenos do cole infantil 1º e 2º.
2) Canción Tecín Soia do grupo galego A banda da loba, inspirada nun dos seus poemas, 3º e 4º.
3) Rap de Aid, Adiós ríos adiós fontes, cos maiores do colexio, 5º e 6º.
4) Arranxo para instrumentos de placas e pequena percusión, Campanas de Bastavales, de Nerea Seijoso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario