Para conmemorar o día de Rosalía de Castro, na aula de música estivemos traballando con algunhas cancións, e aquí vos deixamos 4 vídeos:
1) O moucho, canción de Migallas interpretada polo alumnado de 1º de Primaria.
2) Tecín Soia, canción de A banda da loba, interpretada polo alumnado de 4º de Primaria. Este poema foi traballado coa titora na aula. Extraendo catro palabras do mesmo fixeron o seu propio poema.
3) Adiós ríos adiós fontes, de Aid, interpretada polo alumnado de 5º de Primaria, poema tamén traballado na aula co seu titor.
4) Campaíñas de Bastavales, inst.Ana López e vídeo de Nerea Seijoso, interpretada polo alumnado de 6º primaria con placas, triángulo e pandeireta.
Para poder visualizalos, debedes facer clic na seguinte presentación. En cada páxina atoparedes un vídeo.
Agardamos que vos gusten!
No hay comentarios:
Publicar un comentario