Mostrando entradas con la etiqueta . Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta . Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de mayo de 2023

Danza 5º de Primaria

 Co novo currículo a materia de música pasa a chamarse ¨MÚSICA E DANZA¨, por iso engadimos o traballo con danzas na nosa aula de música. 

En 5º de Primaria, probamos por primeira vez esta danza acompañada con picas de madeira, e así foi o resultado. Debido ao nº elevado de alumnado, fixemos dous grupos.

Agardamos que vos guste.

jueves, 20 de abril de 2023

The Entertainer

En 5º de Primaria bailamos The Entertainer, de Scott Joplin, intercalando partes de percusión corporal. Require de concentración e axudounos a diferenciar as partes dunha peza, ao mesmo tempo que nos divertimos. A parte de xogo de palmas temos aínda que mellorala.

Escoita a música

jueves, 9 de marzo de 2023

We will rock you!

Se hai unha canción que sempre triunfa, esa é sen dúbida esta que nos interpreta o alumnado de 5º de Primaria.

lunes, 27 de febrero de 2023

Rosalía de Castro na aula de música

Para conmemorar o día de Rosalía de Castro, na aula de música estivemos traballando con algunhas cancións, e aquí vos deixamos 4 vídeos:

1) O moucho, canción de Migallas interpretada polo alumnado de 1º de Primaria. 

2) Tecín Soia, canción de A banda da loba,  interpretada polo alumnado de 4º de Primaria. Este poema foi traballado coa titora na aula. Extraendo catro palabras do mesmo fixeron o seu propio poema.

3) Adiós ríos adiós fontes, de Aid, interpretada polo alumnado de 5º de Primaria, poema tamén traballado na aula co seu titor.

4) Campaíñas de Bastavales, inst.Ana López e vídeo de Nerea Seijoso, interpretada polo alumnado de 6º primaria con placas, triángulo e pandeireta.

Para poder visualizalos, debedes facer clic na seguinte presentación. En cada páxina atoparedes un vídeo.

Agardamos que vos gusten!

jueves, 9 de febrero de 2023

Canción india 5º

 Esta semana comezamos a traballar en 5º de Primaria con esta partitura de Clase de Música 2.0. 

Ten 3 partes e xa sabemos a primeira (parte A). 

lunes, 14 de marzo de 2022

A regueifa dos de 5º

A regueifa é un desafío improvisado e cantado en verso de unha ou un conxunto de persoas que se retan entre si. 

É de orixe galego_portuguesa, con parecido ao rap actual, pero as regueifas son de orixe popular e eran transmitidas oralmente.


En 5º quixemos poñer en práctica unha regueifa, do proxecto Tiroliro. Cantamos e acompañamos cos instrumentos de placas, aínda que modificamos o acompañamento. 

Empregamos coplas populares como a primeira, pero tamén houbo un traballo de improvisación onde por grupos crearon varias e de entre todas escollimos a última que cantamos.

viernes, 26 de noviembre de 2021

Whacky Cha Cha

Para taballar todas as notas da escala empregamos esta canción de Don Lu, e fixémola con metalnotas, posto que non dispoñemos de xilófonos completos para todos. Con esta canción repasamos normas básicas para tocar placas: a maneira de coller as baquetas, como golpear sobre a placa...

 

Agardamos que vos guste! Nas próximas sesións iremos complicando a canción.  

viernes, 5 de noviembre de 2021

O compás de 3/4

Para vivenciar o traballo dos compases, estamos empregando pelotas de tenis. Para o de 3/4 empregamos este vídeo estupendo de Nerea Seijoso, con músicas de diferentes estilos e épocas.

martes, 5 de octubre de 2021

Xogo de notas: do grave - re agudo

Aquí vos deixo uns xogos para repasar e practicar a colocación das notas de do grave a re agudo no pentagrama, en clave de sol. 

Cal vos gusta máis? A por elas!


jueves, 30 de septiembre de 2021

Dinámica con ovos musicais

 Na clase de música estivemos traballando esta dinámimca con ovos musicais en varios cursos. 

Neste vídeo podedes ver ao alumnado de 5º de Primaria. Para facelo correctamente, precisamos concentración, traballo en grupo, coordinación, atención... todo isto necesario en toda actividade musical. 

E levan o ritmo bastante ben, non credes?

miércoles, 16 de junio de 2021

Try everything: percusión corporal

Para seguir traballando coa percusión corporal, escollín esta canción cantada por Shakira, Try Everything. 
É unha canción composta para a película de Walt Disney chamada Zootopia.

lunes, 3 de mayo de 2021

Maio longo

 Chega o mes de maio, o mes das flores. Por iso escollín esta canción tan bonita de Uxía que canta coa señora Carmen. 

Déixovos a letra e tamén o vídeo para que poidades cantar dende a casa todo este mes. 



Tamén cos máis maiores empregaremos a seguinte partitura de Nerea Seijoso, para tocala coas placas e ou boomwhackers (posto que este ano o traballo en frauta témolo limitado).
 
FELIZ COMEZO DE MAIO PARA TODOS E TODAS!

viernes, 9 de abril de 2021

Qué bonito es querer!

Cos maiores estamos traballando esta canción con esta letra tan bonita, que fala da amizade e do bonito que é querer. Nos tempos que corren, non está de máis reflexionar sobre esto.



jueves, 25 de marzo de 2021

AS CALIDADES DO SON

Poñemos a proba os nosos oídos para ver se sabemos diferenciar entre as distintas calidades do son con estes pequenos cuestionarios. Pincha enriba de cada calidade (altura, duración, timbre ou intensidade) e compróbao!

martes, 16 de febrero de 2021

BSO Mary Poppins con Boomwhackers

 O alumnado de 5º EP estivemos practicando esta BSO da famosa película de Mary Poppins, con estos tubos que tanto nos gustan. Temos aínda que seguir mellorando, a ver que vos parece!


viernes, 5 de febrero de 2021

Soco, bate, vira!

 Activamos os 5 sentidos e con este xogo de percusión corporal traballamos a concentración e a coordinación.

Ollo que cando vai rápido é moito máis complicado! 4º 5º e 6º estamos traballando para facelo perfecto! A ver se pronto podemos ensinar vídeos do noso traballo!

lunes, 18 de enero de 2021

MOVÉMONOS POLA PAZ

 Achégase o día da paz, e dende o cole queremos preparar esta canción acompañada con xestos, a ver que sae e se podemos ensinárvola. Chámase Móvete e é de Paco Nogueiras.

Aquí vos queda o vídeo para que a poidades ir practicando e escoitando dende a casa.

E tamén a letra:

jueves, 17 de diciembre de 2020

Artellando na aula

Déixovos por aquí algúns dos vídeos que fun gravando dalgunhas actividades que preparamos na aula de música. Iremos engadindo máis. Agardo que vos gusten!


           


miércoles, 25 de noviembre de 2020

POR ELAS: 25 N

Oxalá chegue un tempo no que non teñamos que conmemorar o 25 N, pois non hai excusas para a violencia!

Déixovos un vídeo dunha canción que me gusta moito. Se vos animades a gravarvos cantando e xesticulando o retrouso, enviádemo a: asionllamusical@gmail.com


jueves, 19 de noviembre de 2020

RETO FRAUTA: 5º e 6º

 Boas nenos e nenas. 

Aquí vos queda o reto de frauta (que tamén o tedes na aula virtual do cole). Lembro que podedes entregalo ou ben a través da aula virtual directamente, ou ben a través do email de música  asionllamusical@gmail.com.

Dentro da aula virtual, buscamos a materia de música do noso curso, e no tema un podedes atopar os vídeos e a tarefa para entregar. Para empezar escollín pezas moi sinxeliñas, pois tiñamos traballado pouco en frauta... 

Moito ánimo!