Onte na clase con 6º de Ed. Infantil repasamos as notas coas súas personaxes coa canción de ¨Pequeño Mozart¨. Levamos con ela dende que comezamos o cole, e xa a saben estupendamente. Mirade!
jueves, 27 de abril de 2023
As notas musicais + Na granxa de Pepito con campás
martes, 25 de abril de 2023
Pizzicato de Léo Delibes
En Ed. Infantil traballamos con este musicograma onde aparecen uns personaxes ben coñecidos para nós: Tom, Jerry e un queixiño rico rico.
Primeiro traballamos con palabras tiqui-tiqui = Jerry, Tom-Tom= Tom, ñam-ñam= queixo.
jueves, 16 de febrero de 2023
O moucho
Esta é unha canción de Migallas que está baseada no poema Eu ben vin estar o moucho, de Rosalía de Castro. Empregamos este vídeo feito por Nerea Seijoso para achegar a figura desta escritora ao alumnado de Ed.Infantil e 1º de Primaria.
jueves, 17 de marzo de 2022
Alunelul
Cos nosos palillos chinos en 6º de Infantil acompañamos está divertida audición chamada Alunelul. Non só traballamos o ritmo senón tamén o movemento, adaptándoo á velocidade da música. Ademais vivenciamos a estrutura desta peza, diferenciando a parte A (onde tocamos cos palillos) da parte B (onde avanzamos e nos movemos).
viernes, 11 de marzo de 2022
Agudo e Grave
En Infantil e 1º de primaria, un dos contidos que traballamos nalgunhas sesións, é a altura do son, diferenciando os extremos: son agudo e son grave.
miércoles, 9 de febrero de 2022
O ROCK DA DUCHA - Migallas
Esta canción está sendo un éxito. Ademais de cantala, acompañamos con un baile movéndonos por toda a clase, e como ten ritmo de Rock gústanos un montón.
Déixovos o vídeo e a letra da canción, para que poidades seguir cantando dende a casa.
martes, 8 de febrero de 2022
Sambori musical
viernes, 12 de noviembre de 2021
Clap clap song!
Os nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil bailamos e acompañamos esta canción con folios de cores. Traballamos a atención, o ritmo, e o movemento, ademais de pasalo xenial!
miércoles, 20 de octubre de 2021
FÓSILES
Achégase Samaín e en Infantil estamos traballando con esta audición do compositor Camille Saint-Saëns, chamada Fósiles.
É unha composición onde sae o clarinete, xilófono, piano, violín, viola, violonchelo e contrabaixo. É divertida e humorística. Os fósiles son animais petrificados, por iso compositor quixo buscar un son que semellaran os ósos dos fósiles, e para iso empregou o xilófono, co que comeza a audición.
jueves, 3 de junio de 2021
A máquina de Ramona
Aquí vos deixo a canción de Pakolas que estamos traballando na aula. Gústanos un montón! Deixo o vídeo mais a letra. Lembrade os xestos que facemos para acompañala, ouh yeah! E lembrade tamén cambiar as vogais da letra en cada repetición, veña que xa a sabemos!
A desfrutar!
lunes, 3 de mayo de 2021
Maio longo
Chega o mes de maio, o mes das flores. Por iso escollín esta canción tan bonita de Uxía que canta coa señora Carmen.
Déixovos a letra e tamén o vídeo para que poidades cantar dende a casa todo este mes.
lunes, 26 de abril de 2021
O pirata Metepata!
Con esta divertida canción estamos traballando estes días en infantil e os primeiros cursos de primaria. Ademais de cantala acompañamos con movemento e xestos.
Encántanos! Aquí vola deixo para que a sigades escoitando dende a casa.
lunes, 22 de marzo de 2021
A MIÑA TÍA
Tantas tías que temos e que ben cantan e tocan as desta canción do grupo Mamá Cabra! Ademais de cantala bailamos e acompañamos con xestos. Aquí vos queda para seguir practicando.
jueves, 18 de febrero de 2021
HOCKY POCKY
lunes, 8 de febrero de 2021
Larry e os seus ovos sorpresa!
En infantil encántanos descubrir que sorpresas nos trae Larry dentro dos seus ovos de cores sorpresa.
lunes, 18 de enero de 2021
MOVÉMONOS POLA PAZ
Achégase o día da paz, e dende o cole queremos preparar esta canción acompañada con xestos, a ver que sae e se podemos ensinárvola. Chámase Móvete e é de Paco Nogueiras.
Aquí vos queda o vídeo para que a poidades ir practicando e escoitando dende a casa.
martes, 1 de diciembre de 2020
Dime que fixeches!
Antón é un pouco preguntón, e quería saber moitas cousas. Por iso en Infantil nesta canción contámosllas e cantámosllas. Ademais dramatizámola cos xestos de cada animaliño, queredes volver a cantala? Aquí vola deixo.
É de Migallas e gustounos moito!
miércoles, 25 de noviembre de 2020
POR ELAS: 25 N
Oxalá chegue un tempo no que non teñamos que conmemorar o 25 N, pois non hai excusas para a violencia!
Déixovos un vídeo dunha canción que me gusta moito. Se vos animades a gravarvos cantando e xesticulando o retrouso, enviádemo a: asionllamusical@gmail.commiércoles, 4 de noviembre de 2020
Marcho que teño que marchar!
viernes, 30 de octubre de 2020
Rosa e a morte
CONTOS PARA PASALO DE MEDO NESTA FIN DE SEMANA
Nesta historia unhas maracas transfórmanse en personaxes para contarnos un conto para todas as idades.






