viernes, 8 de noviembre de 2019

CANCIÓNS PARA @S MÁIS PEQUES

En infantil temos moitas cancións que nos gustan. Algunhas son estas que vos deixo!
A primeira chámase ¨Nubes¨, e vainos moi acorde co tempo, ademais de cantar e acompañar con xestos experimentamos o cambio de velocidade na música.


Outra que nos gusta é ¨Lúa¨, que a practicamos con percusión corporal (pernas+palmas). Primeiro limos un conto ¨Onde está a Lúa?¨, onde Rui, un lobiño pequeno quería ouvear coma os lobos grandes da manada, co que comprobamos as diferencias de intensidade. E despois cantamos a canción.
E tamén nos encanta ¨Imos bailar¨ de Mamácabra. Con esta canción imos bailando coas partes do corpo que vai mencionando. A parte que máis nos gusta é cando damos mil saltos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario