Esta canción está sendo un éxito. Ademais de cantala, acompañamos con un baile movéndonos por toda a clase, e como ten ritmo de Rock gústanos un montón.
Déixovos o vídeo e a letra da canción, para que poidades seguir cantando dende a casa.
Esta canción está sendo un éxito. Ademais de cantala, acompañamos con un baile movéndonos por toda a clase, e como ten ritmo de Rock gústanos un montón.
Déixovos o vídeo e a letra da canción, para que poidades seguir cantando dende a casa.
En 2º de Primaria traballamos con esta audición de Leroy Anderson, chamada O reloxo sincopado
Acompañamos con caixas chinas e triángulos e como esta audición non ten letra, collimos esta tan chula do proxecto TIroliro.
Aquí vos queda para seguir practicando (podedes buscar por casa sons que sonen parecidos a estes instrumentos).Os de 6º estivemos traballando con esta canción na clase. Ademais fixemos os acompañamentos con percusión corporal. Déixovos a letra para poder cantala de novo dende a casa, mais os vídeos da canción e da percusión corporal de Nerea Seijoso.
Con esta divertida canción estamos traballando estes días en infantil e os primeiros cursos de primaria. Ademais de cantala acompañamos con movemento e xestos.
Encántanos! Aquí vola deixo para que a sigades escoitando dende a casa.
Encántanos esta canción. Con ela traballamos a coordinación motriz e a atención, ademais de acompañar cantando. Resúltanos moi divertida!

Tumbámonos cun folio na barriga. Poñemos a música anterior, e cos ollos pechados collemos aire suavemente polo nariz, contando ata 3, e soltamos pola boca facendo o son ¨s¨. Con isto temos que observar como o folio sube e baixa coa nosa repiración. Isto axúdanos a manternos tranquilos/as e calmados.