O alumnado de 3º EP estivo traballando con esta audición, Nun mercado persa, de Ketèlbey.
Partimos dun conto musicado onde van aparecendo distintos personaxes (mercadores, a princesa Nadima e o seu séquito, Ahmed e Mariam, os encantadores de serpes, o sultán...)
Proxecto Tiroliro |
Logo cantamos a canción, coa letra do noso proxecto Tiroliro, adaptada en galego, e traballamos coa partitura (compás de dous por negra, figuración, notas que aparecen re-mi-sol-la-do´), coa que repasamos moitos contidos que xa sabemos de linguaxe musical.
Finalmente cantamos, tocamos con placas e gravamos o resultado.
Temos que seguir practicando e mellorando, pero aquí vos ensinamos un pouquiño do noso traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario