Mostrando entradas con la etiqueta audición. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta audición. Mostrar todas las entradas

martes, 30 de noviembre de 2021

Nun mercado persa, Ketèlbey

O alumnado de 3º EP estivo traballando con esta audición, Nun mercado persa, de Ketèlbey

Partimos dun conto musicado onde van aparecendo distintos personaxes (mercadores, a princesa Nadima e o seu séquito, Ahmed e Mariam, os encantadores de serpes, o sultán...)

Proxecto Tiroliro

Logo cantamos a canción, coa letra do noso proxecto Tiroliro, adaptada en galego, e traballamos coa partitura (compás de dous por negra, figuración, notas que aparecen re-mi-sol-la-do´), coa que repasamos moitos contidos que xa sabemos de linguaxe musical.

Finalmente cantamos, tocamos con placas e gravamos o resultado.

Temos que seguir practicando e mellorando, pero aquí vos ensinamos un pouquiño do noso traballo.

jueves, 11 de noviembre de 2021

Audición activa: o reloxo sincopado

En 2º de Primaria traballamos con esta audición de Leroy Anderson, chamada O reloxo sincopado

 

Acompañamos con caixas chinas e triángulos e como esta audición non ten letra, collimos esta tan chula do proxecto TIroliro.

Aquí vos queda para seguir practicando (podedes buscar por casa sons que sonen parecidos a estes instrumentos).

martes, 2 de febrero de 2021

A danza da fada de azucre

 A danza da fada de azucre, é unha das danzas que inclúe ¨O crebanoces¨ do compositor Tchaikovsky. Os nenos/as de 3º de primaria estivemos escoitando esta audición, na que o instrumento máis destacado é a celesta, un instrumento de percusión, que por fóra parece un pequeno piano. A diferencia é que na celesta, ao pulsar as teclas, estas accionan uns martelos que golpean láminas de metal, de aí o seu son, que nos produce sentimentos de misterio, dozura, relaxación...


Vimos este vídeo que nos deixou hipnotizados, pois é moi divertido e con el ademais de interiorizar esta famosa melodía, relaxámonos escoitando e visualizando o vídeo. Agardo que vos guste!