Sabedes que son os Maios?
Son figuras que se fan cunha estrutura, coma se da árbore de Nadal se tratara, e decórase con flores que veñen no mes de maio (de aí o seu nome).
Desta volta pensei en tres propostas de tarefas nas que podedes participar:
1)Cancións: dúas das miñas cancións favoritas para festexar os Maios.
Maio Longo (Uxía - Rosalía Pequeniña)
Os maios - Habelas Hainas
Podemos cantar as cancións ou tamén practicar os RITMOS tradicionais dos Maios con 2 pauciños de madeira que haxa pola casa cos ritmos:
TA - TITI - TA - TA
2) Creación das nosas coplas dos Maios. Podemos pedir axuda na casa (sobre todo os máis peques), e os maiores agudizar o inxenio con esta youtuber que se chama Eira, que tan ben nos explica como facelas.
3) Memorizar algunha destas copliñas.
Aquí vos queda algún exemplo recollido e tamén de creación propia. Agardo que vos gusten!
Aquí vos queda algún exemplo recollido e tamén de creación propia. Agardo que vos gusten!
Podedes escribir abaixo ⇩ as vosas copliñas ou enviarmas a:
asionllamusical@gmail.com
Déixovos tamén a páxina coa iniciativa #cantádemeunmaio na que tamén podedes participar.
Ola profe Ana! a miña creación das coplas dos maios (con un pouco de axuda) é:
ResponderEliminarA festa dos maios
é moi esperada
O Barco da Sionlla
quere celebrala
Faremos o Maio
con moita alegría
con cantos e frores
ainda que sexa na casiña
Chegou a primavera
con moito colorido
ós mestres da Sionlla
mandamos moitos bicos
Unha aperta moi grande e que pases un feliz día dos Maios!!!!
Caramba Carla! Que bonita quedou. Encántame!! Moitas gracias por participar familia, e unha aperta de volta grande para vós. Feliz Maio, que veña cargadiño de flores e boas noticias! :)
EliminarOla profe, con algo de retraso deixamos o noso maio que creamos con axuda dos nosos pais:
ResponderEliminarAquí ven o maio
De flores cargado
E os nenos do cole
Queremos celebralo
Queremos celebralo
Con flores nas ventás
Polo coronavirus
Pero iso que máis dá!
Xa nos despedimos
Ata o ano que vén
Con moitas cancións
E algún baile tamén.
Unha aperta!
David e Carme
Encántame!! Moi ben David e Carme e eses papás que vos axudaron tamén. Tomo nota da copla . Bo traballo!! Unha aperta forte!
Eliminar