O baile e o ballet son exercicios moi recomendables, xa de forma espontánea ou organizada, produce unha sensación de liberdade axudándonos na coordinación.
Déixovos tres propostas para que movades o esqueleto.
1º)O xogo da Carrasquiña: sobre todo para os máis peques (infantil e 1º). Este é un baile moi bonitiño que nos quedou por ver na clase. Así que se vos animades, podedes irlle dando un vistazo. O bico e a aperta poden ser ¨polo aire¨, xa que temos que gardar distancias... os bicos e as apertas voadoras tamén son divertidas!
2º) I like to move it: unha proposta para mover o corpo con moito ritmo e ganas! (2º, 3º e 4º)
3º)Dance Monkey: esta precisa maior traballo, concentración e coordinación (5º e 6º). Sodes os maiores e tamén podedes inventar vós outros pasos!
Cada un que escolla a que máis lle guste ou as tres. Os cursos púxenos a modo orientativo.
Espero que as disfrutedes, podedes animar á familia que bailen con vós!
Podedes comentarme con cal vos animades ⇩ e se alguén me quere enviar unha mostra... xa sabedes!
asionllamusical@gmail.com
hola profe son sabela de quinto encantaronme os bailes e estou practicando un cando o grabe mandocho unha aperta
ResponderEliminarQue ben Sabela! Xa me ensinarás logo a ver que tal se che da... Unha aperta grande e moitas gracias polo teu comentario! :)
Eliminar