Comezamos última semana de curso, e tráiovos un novo xogo musical no que só imos precisar os dedos da man!
Co vídeo de Ana Quílez e Estevao Marques que nos van explicar este xogo resultaravos moito máis doado.
Para complementar o traballo, déixovos unha proposta para facer coas vosas mans. Trátase de facer debuxos con elas, por se vos animades e así traballaríamos a materia de Ed. Artística (que engloba as materias de Música e Plástica).
Se queredes ensinarme os vosos resultados aínda estades a tempo:
asionllamusical@gmail.com
Que teñades un bo comezo de semana, xa non queda nada para desrutar das vacacións e coller moita forza para comezar o seguinte curso con moi bo pé!
Hoxe 5 de Xuño celebramos odía Mundial do Medio Ambiente. Por esta data fanse campañas de limpeza de praias, bosques, carreteras... Trátase de concienciarnos da importancia de coidar do noso entorno, xa que a moitas persoas non lles interesa o máis mínimo, e mundo só temos un, debemos coidalo!
Ocórresevos algo que poidades facer para colaborar co medio ambiente? Deixa a túa idea en comentarios.
Cada ano establécese un país diferente como anfitrión, para facer as celebración oficiais deste día. Este ano tócalle a Colombia (co apoio de Alemaña).
Dende música propóñovos esta canción de bebe, ¨Ska de la tierra¨.
Inventei uns ritmos de percusión corporal para acompañar a canción. Déixovos o vídeo, para que vexades que a profe tamén se anima a ensinarvos o seu!
E se queredes ensinarme o voso resultado no email da aula de música: asionllamusical@gmail.com
Ademais no Blog de Biblio tedes dous xogos para ver canto sabedes do medio ambiente!
Este é un xogo musical que nos axuda a levar o pulso na canción.
Ten unha canción moi chula, adaptada por Ana Quílez e Estevao Marques
Se temos irmáns ou alguén que queira facelo con nós, podemos facelo por parellas para que sexa máis divertido, pero tamén o podedes facer sós.
Precisamos un vaso de plástico que podemos decoralo coloreando unha flor e pegándoa no vaso. Déixovos dous modelos pero podedes facelas vós.
Déixovos o vídeo que vos explican moi ben e a letra da canción para quen se anime a cantala.
Para os máis pequenos pode resultar máis complicado, así que coma sempre, podemos adaptalo según a nosa idade. Para os maiores podemos poñelo máis complicado, aumentando a velocidade ou quitándolle a letra a canción.
Se alguén se anima a facelo e ensinarmo, coma sempre eu encantada:
Lembramos que temos en música 3 grandes familias que son: a familia de percusión, familia de vento (vento madeira /vento metal) e a familia de corda. Hoxe comezaremos repasando a familia de percusión.
Lembramos con un vídeo cal era esta familia... e logo propóñovos 3 tarefas que podedes escoller unha ou facelas todas, como máis bos guste!
1) Ademais destes hai moitos outros instrumentos de percusión. Escribe en comentarios algún outro instrumento desta familia.
2) Agora axuda a colocar cada instrumento no lugar correspondente segundo sexan de corda, vento ou percusión. Xa me contarás que tal foi e se acertaches todos!
3) Por último imos a convertirnos en percusionistas. Que precisamos? Moi doado. Un caldeiro que teñamos pola casa e unhas baquetas, que poden ser uns paus ou mesmo as paletas de madeira que empregamos na casa para cociñar. Cando teñas o teu instrumento, atento porque hai que tocar!
E se nos quedamos con ganas de máis, déixovos tamén unha selección de debuxos para colorear estes instrumentos.
Quixen seguir coas propostas de Ana Quílez e o seu amigo Estevao Marques, porque este novo xogo musical pareceume súper divertido! imos xogar coas palabras.
Podedes enviarme vídeo/foto facendo este xogo ao email:
asionllamusical@gmail.com
E o RETO para este xogo é: a algún de vós se lle ocorren outras palabras de 3 sílabas que dentro dela teña outras 3 palabras coma cometa? (cometa = come, meta, cota)
Animádevos e pedide que vos axuden un pouquiño na casa e contádeme en comentarios, quero saber con cantas palabras poderíamos facer maxia!
Despois deste parón polo festivo/ponte (respetando o calendario escolar deste curso), volvemos outra semana máis, e para rematar ben o mes de maio comezamos este luns con unha parrilla de 5 actividades musicais + 1 que quixen poñer de regalo!
Podedes deixar en comentarios o que vos pareceron 👇 ou ben enviarme as actividades 2) facendo o ritmo (para os peques é máis complicada) ou 3) cantando ao email de música:
Na música as abellas teñen moito que dicir... non só pola danza que fan, ou o zumbido que emiten, senón tamén porque varios compositores importantes inspiráronse nelas para compoñer algunha das súas obras como é o caso de:
Por iso quixen facer unha recompilación de material relacionado con este insecto tan valioso que temos na natureza. Escollín un pouco para todas as idades, así que ides mirando en función da dificultade e gustos!
Esta canción está pensada para os máis peques, o que non quere dicir que os maiores non poidades aprendela, tanto cantar como os xestos.
Está en castelán pero é MOI PEGADIZA!
Con dicirvos que levo todo o día cantándoa...
ANA QUÍLEZ & ESTEVAO MARQUES
LETRA
VÍDEO CANCIÓN PARA SEGUIR
DEBUXO A BANDA DAS LETRAS (por se apetece colorear)
Para ensinarme as vosas cousiñas, vídeo cantando, foto... asionllamusical@gmail.com E para comentarme se vos gustou, se foi pegadiza, difícil, fácil... 👇
Hoxe é 15 de maio, día da familia. Achégase a finde e tráiovos outra proposta que podedes desfrutar coa familia e así comezalo xenial: un conto e un canto, con María e Carlos de Migallas. Van descubrirnos historias escondidas dentro dun cesto, atentos/as a ver que sae de aí!
Hoxe traio 5 actividades que podedes escoller e traballar durante esta semana. Tedes que pinchar enriba de cada actividade para poder ver e descubrir de que se trata...
Lembrar que haiactividades pendentesque siguen abertas: 7 palabras para 7 músicas, ritmos con vasos, percusión corporal, bailes...
ANIMÁDEVOS!
Coma sempre, podedes ensinarme os vosos avances a través de vídeos e/ou fotos ao email de música: asionllamusical@gmail.com
Podes comentar cal probaches ou cal che gustou máis! ⬇
Propóñovos comezar a fin de semana, con Paco Nogueiras. Que vos parece?
Tráenos un libro con poemas de Xosé Neira Vilas, algúns deles musicados. Estes poemas evocan os campos, o bulir da fauna, dos bosques e dos ríos, e a vida cotiá da infantia no medio rural. A ver se vos gusta. O final do vídeo ven con sorpresa!
Hoxe traio unha actividade moi divertida. Temos que expresar con unha palabra o que nos fai sentir a música que imos escoitar. Hai 7 fragmentos musicais, e para cada un deberedes escribir unha palabra.
Explícovos...
ANIMÁDEVOS a enviar as vosas palabras a: asionllamusical@gmail.com
O día 29 de abril, Día da danza, lancei 3 propostas para mover o esqueleto. Poucos vos atrevistes a ensinarme os vosos bailes, pero non me enganades, porque sei perfectamente que estades feitos uns ¨bailongos¨! Así que para animarvos, déixovos con Roque, Carla e Sabela, para que vexades que ben o fan, e dicirvos que aínda estades a tempo de envialo!
GRACIAS A ELES E AS SÚAS FAMILIAS POR TANTO TRABALLO!
Non sempre precisamos a voz, o corpo ou os instrumentos convencionais para facer música. En ocasións podemos empregar outros obxectos.
Temos practicado algo en clase e non puidemos seguir... por iso aproveitando este tempo que temos que quedar na casa, déixovos 5 cancións para que acompañedes con este ¨instrumento¨.
Mellor debe ser de plástico duro, para que non se rompa.
O que queira ensinarme o seu traballo, xa sabedes:
asionllamusical@gmail.com
Tamén podedes deixar un comentario ⇩ nesta entrada para saber que vos pareceu! Apertas para todos/as e moito ánimo.
Hoxe é un día especial porque recordamos o valor que teñen as nosas nais e avoas na nosa vida.
Co alumnado de 6º comezáramos a ver na aula, esta canción tan fermosa de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre.
Déixovos o vídeo e a letra, para que a cantedes e bailedes hoxe coas vosas nais/avoas e cando queirades, e tamén unha manualidade.
Quen me di como se chaman os instrumentos que acompañan á canción? Deixa o teu comentario abaixo. :)
LETRA
MANUALIDADE: está pensado para facer sobre cartulina. Colocar o xarrón, debuxar o talo das margaridas recortar as flores, escribir ou colorear os pétalos e dobrar polos puntos para que quede como en ¨relieve¨. Este material foi extraído da páxina ¨unapizcadeeducación¨ e modificado para que se axeitara tanto á nosa lingua como á proposta.
Se vos animades, podedes ensinarme unha foto co voso resultado:
Pasou abril voando e maio chegou. E con el chegan as flores que tanto nos alegran o corazón! Sabedes que son os Maios? Son figuras que se fan cunha estrutura, coma se da árbore de Nadal se tratara, e decórase con flores que veñen no mes de maio (de aí o seu nome).
Aproveito para ensinarvos esta bonita imaxe, feita por un pintor ao que admiro moito, Leandro Lamas. Desta volta pensei en tres propostas de tarefas nas que podedes participar: 1)Cancións: dúas das miñas cancións favoritas para festexar os Maios.
Maio Longo (Uxía - Rosalía Pequeniña)
Os maios - Habelas Hainas
Podemos cantar as cancións ou tamén practicar os RITMOS tradicionais dos Maios con 2 pauciños de madeira que haxa pola casa cos ritmos: TA - TITI - TA - TA
2) Creación das nosas coplas dos Maios. Podemos pedir axuda na casa (sobre todo os máis peques), e os maiores agudizar o inxenio con esta youtuber que se chama Eira, que tan ben nos explica como facelas.
3) Memorizar algunha destas copliñas. Aquí vos queda algún exemplo recollido e tamén de creación propia. Agardo que vos gusten!
Podedes escribir abaixo ⇩as vosas copliñas ou enviarmas a:
asionllamusical@gmail.com
Déixovos tamén a páxina coa iniciativa #cantádemeunmaio na que tamén podedes participar.
A elección deste día foi porque coincide co día de nacemento de Jean-Georges Noverre, estudioso desta arte e creador do ballet moderno.
O baile e o ballet son exercicios moi recomendables, xa de forma espontánea ou organizada, produce unha sensación de liberdade axudándonos na coordinación. Déixovos tres propostas para que movades o esqueleto. 1º)O xogo da Carrasquiña: sobre todo para os máis peques (infantil e 1º). Este é un baile moi bonitiño que nos quedou por ver na clase. Así que se vos animades, podedes irlle dando un vistazo. O bico e a aperta poden ser ¨polo aire¨, xa que temos que gardar distancias... os bicos e as apertas voadoras tamén son divertidas!
2º) I like to move it: unha proposta para mover o corpo con moito ritmo e ganas! (2º, 3º e 4º)
3º)Dance Monkey: esta precisa maior traballo, concentración e coordinación (5º e 6º). Sodes os maiores e tamén podedes inventar vós outros pasos!
Cada un que escolla a que máis lle guste ou as tres. Os cursos púxenos a modo orientativo. Espero que as disfrutedes, podedes animar á familia que bailen con vós! Podedes comentarme con cal vos animades ⇩ e se alguén me quere enviar unha mostra... xa sabedes! asionllamusical@gmail.com