Hoxe é un día especial porque recordamos o valor que teñen as nosas nais e avoas na nosa vida.
Co alumnado de 6º comezáramos a ver na aula, esta canción tan fermosa de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre.
Co alumnado de 6º comezáramos a ver na aula, esta canción tan fermosa de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre.
Déixovos o vídeo e a letra, para que a cantedes e bailedes hoxe coas vosas nais/avoas e cando queirades, e tamén unha manualidade.
Quen me di como se chaman os instrumentos que acompañan á canción?
Deixa o teu comentario abaixo.
:)
LETRA
MANUALIDADE: está pensado para facer sobre cartulina. Colocar o xarrón, debuxar o talo das margaridas recortar as flores, escribir ou colorear os pétalos e dobrar polos puntos para que quede como en ¨relieve¨.
Este material foi extraído da páxina ¨unapizcadeeducación¨ e modificado para que se axeitara tanto á nosa lingua como á proposta.
Este material foi extraído da páxina ¨unapizcadeeducación¨ e modificado para que se axeitara tanto á nosa lingua como á proposta.
Se vos animades, podedes ensinarme unha foto co voso resultado:
asionllamusical@gmail.com
Hola profe Ana son Sabela de quinto os instrumentos que acompañan a cancion son o acordeon a pandeireta e a zanfoña, este ultimo non o sabia pero axudaronme un pouco os meus pais. unha aperta!
ResponderEliminarHola Sabela! Xa vin a túa manualidade e quedouche preciosa. Moi bo traballo. Quedáronche dous instrumentos que saen cara o final! :)
EliminarOla profe somos David e Carme, os instrumentos son o acordeón, pandeireta, zanfoña, pandeiro.
ResponderEliminarUnah aperta!
Bos días chicos!! Moi ben pero quedouvos un instrumento un pouco especial que sae cara o final un pouquiño. O próximo día direi cales son que algúns téñoos na casa! Unha aperta forte! :)
EliminarOla profe! os instrumentos que acompañan a canción son o acordeón, a pandeireta, unha zanfoña, un pandeiro e unha lata (algúns non os coñecía).
ResponderEliminarUn saúdo!!
MOI BEN!!!! ACERTACHES TODITOS. O pandeiro tamén lle chaman adufe, de aí o nome das pandereteiras ¨adufeiras¨ (normal que algúns non os coñecera, non son doados e moitos non temos acceso a eles diariamente, como a zanfoña). Gracias por participar Carliña. Unha aperta forte! :)
EliminarHola profe somos Adri e Carlos os instrumentos son o acordeon , pandeireta , zanfoña .
ResponderEliminargrazas
Bos días Adri e Carlos. Os tres instrumentos eses son os principais, pero cara ó final da canción saen dous máis!!! Moitas gracias por participar e se atopades cales son os outros dous podedes contestarme neste comentario. Un bico grande chicos! :)
EliminarHola profe!! Os instrumentos son:o acordeón,a pandereta,a zanfoña,o pandeiro e a lata. Moitos bicos!!!!
ResponderEliminarSoy Nuria de 3°
EliminarBos días Nuria! MOI BEN!! Coñecíalos todos? Se non é así xa puideches velos jeje. Unha aperta forte e gracias por comentar!
EliminarQué bonita canción
ResponderEliminarAcordeón e pandereta
Unha aperta
LUCIA e Carmen
Ola chicas! A canción si que é moi moi fermosa. Faltáronvos 3 instrumentos, son 5 en total, pero igual non son tan coñecidos e por iso non vos distes conta. Pero moi ben por participar. Unha aperta moi grande! :)
Eliminar