Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de diciembre de 2020

TEMPO DE NADAL

 Xa se aproxima o Nadal e na aula de música xa se vai notando.

Aquí vos deixo un genially con algunhas das actividades que estamos facendo ou faremos na aula de música para que as poidades ver tamén dende a casa.

lunes, 23 de noviembre de 2020

I Certame de Panxoliñas de Nadal

Achégase o Nadal e dende o noso colexio en colaboración coa Biblioteca, coordinacións de Actividades Extraescolares, EDLG, TICs e aula de música, lanzamos o I CERTAME DE PANXOLIÑAS EN FAMILIA, no que podedes participar todos e todas acompañados das vosas familias (avós/as, tíos/as, nais e pais, irmáns, primos/as...).

Déixovos o cartaz e tamén as bases para participar. 
O prazo comeza hoxe ata o luns 14 de decembro.

ANIMÁDEVOS! 


jueves, 19 de diciembre de 2019

E por Nadal... un libro musical!!


Se vos portastes xenial, por Nadal igual podedes pedir un libro que vos alegre os días con música. 


Aquí vos deixo algunha idea dos que máis me gustan a min, por se vos é de axuda!


BO NADAL A TOD@S, E QUE A MÚSICA SEMPRE VOS ACOMPAÑE!

martes, 3 de diciembre de 2019

Cancións para Nadal

Aquí vos deixo un libriño con un recopilatorio de cancións que fixen para o Nadal. Para escoitar as cancións só tedes que pulsar enriba das imaxes que aparecen en cada páxina. Agardo que vos guste!

lunes, 2 de diciembre de 2019

Decembro

Co novo mes chega o NADAL!!
Déixovos aquí un calendario, que é unha conta atrás, onde teredes que ir abrindo cada día do mes de decembro. Detrás de cada número podedes atopar música cun vídeo relacionado con esta festividade!
Pulsa enriba da imaxe!!