lunes, 30 de septiembre de 2019

PACO PAPÁN

Canto nos gustan as cancións, e máis se ademais de divertirnos aprendemos cousas. Con esta, por exemplo, repasamos os días da semana e algúns traballos, e entendemos que debemos esforzarnos moito estudiando e traballando, porque as cousas non caen do ceo!
 
Limos o conto e tamén cantamos a canción acompañándoa cos ovos musicais de percusión.




Aquí volo deixo para que o poidades seguir vendo e escoitando!


 CANCIÓN
https://www.youtube.com/watch?v=EX4_qH64g8Y


CONTO
https://issuu.com/carolinamm/docs/paccoo

viernes, 27 de septiembre de 2019

FRAUTA: California!





Comezamos coa frauta e para iso precisamos saber algunhas cousas...


As notas coas que imos comezar son SI - LA - SOL, é dicir, as da man esquerda.
       

Practicamos a canción ¨California¨ coa que aprenderemos a colocación destas tres notas. 
Aquí vos deixo a partitura e un vídeo!
A PRACTICAR!



jueves, 26 de septiembre de 2019

Escubi dubi dubi du!



Con esta canción puxemos en práctica a nosa memoria.
Cada vez vaise complicando máis porque temos que memorizar as partes do corpo cos xestos, recordando os anteriores.
Aquí vos queda a letra para seguir practicando!

martes, 24 de septiembre de 2019

THIS LAND IS YOUR LAND!


Imos comezar a practicar en 5º e 6º esta canción popular americana. Intentaremos aprender a letra en inglés, os ritmos con vasos, acompañamento cos instrumentos de placas e boomwhackers!
Para o acompañamento só necesitamos 3 notas: 
RE - SOL - LA
Estamos preparad@s!



As notas da escala




En 1º e 2º estamos repasando as notas da escala.


Para iso fixemos algúns xogos e ademais empregamos a canción de ¨Pequeño Mozart¨.


Aquí vos deixo o vídeo para que a poidades practicar e vos lembredes de cada personaxe!!







jueves, 19 de septiembre de 2019

XOGO PRESENTACIÓN CON VASOS

Para presentarnos, 4º 5º e 6º fixemos unha roda e aprendimos un ritmo con un vaso. Logo de facelo había que dicir o nome e pasarllo ao compañeiro/a. 


A primeira ronda cos nosos nomes, pero a segunda ronda foi con instrumentos!


Pinchando na seguinte imaxe podedes ver un vídeo para seguir practicando.



miércoles, 4 de septiembre de 2019

OLA, OLA LÁ!



Ola, ola lá! Son Ana e vou ser a nova profe de música do cole. 


Para irnos coñecendo, qué vos parece se comezamos con esta canción de Mamácabra? Ademais de cantala imos acompañala con percusión corporal, cambiando os nomes da canción polos nosos.

Preparados e preparadas?