Mostrando entradas con la etiqueta . Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta . Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de marzo de 2022

Do - re - mi - sol - la, metalnotas

 En 2º xa levamos aprendidas estas cinco notas. Entoamos e cantamos ademais de practicar a súa colocación no pentagrama axudados destas divertidas arañas.


Podemos seguir practicando dende a casa, movendo as notas/arañas e colocándoas no seu sitio no pentagrama.

Ademais practicamos coas metalnotas, con esta partitura do proxcto ¨Tiroliro¨, fixándonos nas mans: D = dereita E= esquerda.

Traballamos un montón de contidos, de xeito práctico:

linguaxe musical (compás, figuras, forte e piano, notas...), entoación, interpretación musical, agarre de baquetas e alternancia de mans.

martes, 8 de febrero de 2022

Sambori musical

Hoxe traio unha proposta de @teresapatapum para aprender a escala musical, coa canción do método batucado, que puxen en práctica con algúns nenos e nenas do cole.
O ideal é colorear a nosa ¨mariola musical¨ e logo xogar e cantar ao mesmo tempo que imos indicando as notas con unha marioneta que queiramos, eu escollín o meu lapis de estrela máxico1



lunes, 6 de diciembre de 2021

Ku Tshi Tshi

Esta é unha danza alemana coa que traballamos entre outras cousas, o ritmo, a coordinación, o movemento, a lateralidade... ao mesmo tempo que socializamos como grupo e divertímonos un montón. 

Aquí vos deixo ao alumnado de 2º de Primaria traballando a danza.

jueves, 11 de noviembre de 2021

Audición activa: o reloxo sincopado

En 2º de Primaria traballamos con esta audición de Leroy Anderson, chamada O reloxo sincopado

 

Acompañamos con caixas chinas e triángulos e como esta audición non ten letra, collimos esta tan chula do proxecto TIroliro.

Aquí vos queda para seguir practicando (podedes buscar por casa sons que sonen parecidos a estes instrumentos).

martes, 5 de octubre de 2021

Xogo de notas: do grave - re agudo

Aquí vos deixo uns xogos para repasar e practicar a colocación das notas de do grave a re agudo no pentagrama, en clave de sol. 

Cal vos gusta máis? A por elas!


jueves, 3 de junio de 2021

A máquina de Ramona

Aquí vos deixo a canción de Pakolas que estamos traballando na aula. Gústanos un montón! Deixo o vídeo mais a letra. Lembrade os xestos que facemos para acompañala, ouh yeah! E lembrade tamén cambiar as vogais da letra en cada repetición, veña que xa a sabemos!

A desfrutar!


lunes, 3 de mayo de 2021

Maio longo

 Chega o mes de maio, o mes das flores. Por iso escollín esta canción tan bonita de Uxía que canta coa señora Carmen. 

Déixovos a letra e tamén o vídeo para que poidades cantar dende a casa todo este mes. 



Tamén cos máis maiores empregaremos a seguinte partitura de Nerea Seijoso, para tocala coas placas e ou boomwhackers (posto que este ano o traballo en frauta témolo limitado).
 
FELIZ COMEZO DE MAIO PARA TODOS E TODAS!

lunes, 26 de abril de 2021

O pirata Metepata!

 Con esta divertida canción estamos traballando estes días en infantil e os primeiros cursos de primaria. Ademais de cantala acompañamos con movemento e xestos. 

Encántanos! Aquí vola deixo para que a sigades escoitando dende a casa.

jueves, 25 de marzo de 2021

AS CALIDADES DO SON

Poñemos a proba os nosos oídos para ver se sabemos diferenciar entre as distintas calidades do son con estes pequenos cuestionarios. Pincha enriba de cada calidade (altura, duración, timbre ou intensidade) e compróbao!

lunes, 22 de marzo de 2021

A MIÑA TÍA

 Tantas tías que temos e que ben cantan e tocan as desta canción do grupo Mamá Cabra! Ademais de cantala bailamos e acompañamos con xestos. Aquí vos queda para seguir practicando.




viernes, 26 de febrero de 2021

CANTANDO A ROSALÍA DE CASTRO


O alumnado de 4º EP cantámoslle a Rosalía de Castro a versión de Adhara and Ritman.


E o alumnado de 2º EP cantámoslle a Rosalía de Castro a versión de Uxía dun dos seus poemas, No bico un cantar!

jueves, 18 de febrero de 2021

HOCKY POCKY

En infantil, 1º e 2º imos comezar con esta canción e baile chamado Hocky Pocky. Ademais de divertirnos aprendemos a diferenciar esquerda e dereita, así como a segmentación do noso corpo.
Aquí vos deixo o vídeo para que poidades seguir practicando o baile e a canción dende as vosas casas.

lunes, 18 de enero de 2021

MOVÉMONOS POLA PAZ

 Achégase o día da paz, e dende o cole queremos preparar esta canción acompañada con xestos, a ver que sae e se podemos ensinárvola. Chámase Móvete e é de Paco Nogueiras.

Aquí vos queda o vídeo para que a poidades ir practicando e escoitando dende a casa.

E tamén a letra:

miércoles, 13 de enero de 2021

PAKETUMETATA

Encántanos esta canción. Con ela traballamos a coordinación motriz e a atención, ademais de acompañar cantando. Resúltanos moi divertida!

miércoles, 25 de noviembre de 2020

POR ELAS: 25 N

Oxalá chegue un tempo no que non teñamos que conmemorar o 25 N, pois non hai excusas para a violencia!

Déixovos un vídeo dunha canción que me gusta moito. Se vos animades a gravarvos cantando e xesticulando o retrouso, enviádemo a: asionllamusical@gmail.com


miércoles, 11 de noviembre de 2020

Clap, Clap Sound!

Para seguir estudiando a dobre corchea, a negra e o silencio de negra empregamos este musicograma primeiro, e despois acompañamos con baquetas sobre as nosas mesas. 
Identificamos a dobre corchea coa palabra bisílaba CA-SA, a negra coa palabra monosílaba PAN e o silencio caladiños.

Aquí vos deixo o musicograma para seguir practicando dende a casa e tamén o vídeo de como faríamos con baquetas/lapis/rotus/palillos chinos.

  

martes, 27 de octubre de 2020

Escoito pasos, xa ven aí... O SAMAÍN!

 Algunhas actividades que estamos ou que imos traballar estos días nas nosas sesións de música, relacionadas co Samaín, son estas que están agochadas tras este Genially. Déixovolo para que poidades repasar ou seguir practicando na casa e prepararvos para o que imos traballar na aula.

Agardo que vos gusten moito!

jueves, 22 de octubre de 2020

Magosto - Samaín!

 Aproxímanse o Magosto e Samaín e vou aproveitar para lembrar o Genially que elaborei o ano pasado, cunha selección de cancións que podedes desfrutar dende a casa. Algunhas xa as coñecedes... e dou fe de que vos gustaron!

jueves, 15 de octubre de 2020

Tres castañas polo chan!

Co outono chegou o tempo das castañas. Enfundamos botas e imos buscalas ao monte, para comelas asadas ou cocidas. Moito coidado cos ourizos, dentro deles é onde as atopamos. Este froito tan sabroso, dánnolo os castiñeiros!

Na aula de música aprendimos esta canción de Mamácabra, moi sinxeliña. 


E tamén fixemos un pequeno acompañamento con percusión corporal, neste caso co pé e con palmas, lembrando a importancia do silencio. 
Así mesmo descubrimos a forma AB cunha pequena introducción no principio. Moi atentos/as!

jueves, 17 de septiembre de 2020

A pantera rosa!

Un compositor moi famoso chamado Henry Mancini, compuxo a música que acompaña aos debuxos da Pantera Rosa, que tanto nos gusta. 
Imaxe extraída do blog ¨musicideasmolonas¨

O alumnado de 2º e 1º de primaria, vimos este vídeo tan fantástico na clase, onde ademais de divertirnos descubrimos moitos instrumentos, moitos deles xa coñecidos por nós.

Aproveitamos tamén para recordar que non só cos instrumentos podemos acompañar ou facer música. En nós mesmos temos o mellor instrumento que existe, a percusión corporal.
 
Por iso acompañamos este musicograma con chasquidos, palmas, pernas e pés.
Aquí volo deixo por se queredes volver a facelo dende a casa.