miércoles, 30 de octubre de 2019

A figueira de Pelostortos


Vaia medo que pasamos onte con este conto!
Logo da historia, cantamos a canción con xestos.


Os tres obxectos de Pelostortos: lanterna, anteollo e escopeta que dispara cartuchos de sal ao cú dos nenos/as que se achegan á súa figueira...



lunes, 28 de octubre de 2019

Soño Celta - Frauta



Seguimos practicando as notas da man esquerda e engadimos unha máis, SOL - LA - SI- DO´
Lembramos a posicións das notas na frauta, fixándonos nestas 4 notas que son as que imos necesitar para esta canción.
Tamén nos fixamos na velocidade, posto que na segunda parte vai máis rápido!

Aquí vos queda a partitura, pinchando encima podedes vela e escoitar a canción.
Debaixo o vídeo para poder seguila con facilidade, e... a practicar moito!!




jueves, 17 de octubre de 2019

AS FORMIGUIÑAS DA SIONLLA

Cómo? Que aínda non sabedes quen son as formiguiñas do cole? 

Pois infórmovos que se fan chamar os nenos e nenas de 3 aniños. Nesa clase teñen unha canción súper chula, pero aproveitando que son as formigas, decidimos aprender esta outra tan bonita do grupo ¨María Fumasa¨, onde van ao mercado e compran cousiñas pero a formiguiña vainos picando en diferentes partes do corpo...

Con ela, ademais de pasalo pipa cantando, lembramos as partes do corpo e imos engadindo máis!
Déixovos dous vídeos: o primeiro é o videoclip da canción e o segundo con pictogramas.

miércoles, 16 de octubre de 2019

FIGURAS MUSICAIS

Imos practicar estas catro figuras musicais: negra, dobre corchea, branca e silencio de negra.


 
Farémolo cos instrumentos de percusión: pandeiro, caixa china, maracas...

Prestade moita atención!


 

BRUXA

Aproveitando que se achega o Samaín, na clase de música estamos aprendendo esta partitura para os instrumentos de placas.








Con ela recordamos algunhas cousas importantes para poder tocar os instrumentos de placas: cómo coller as baquetas, cómo percutir as placas, a postura correcta... ademais de falar da clasificación destes instrumentos!
Pulsa enriba das imaxes para escoitar un exemplo de cómo tocan estes instrumentos e tamén para ir memorizando a nosa partitura.



viernes, 11 de octubre de 2019

CANCIÓNS MAGOSTO E SAMAÍN!

No Outono, ademais das castañas, chega tamén... O MEDO!!

Aquí vos deixo unha selección de música para que poidades escoitar na casa cancións relacionadas co Samaín e co Magosto.

Pulsade na imaxe e poderedes escoitar 10 cancións!


miércoles, 9 de octubre de 2019

ARAO


Estamos xa no Outono, época de cogomelos, cabazas, landras e...
CASTAÑAS!



Na aula de música estamos aprendendo esta canción, que fala das castañas. Ademais de cantala, aprendemos un sinxelo baile con xestos. 

Esta canción podedes atopala no CD Pelo Gato 24 

Aquí vos deixo un vídeo. 
Vaia ritmo que ten a señora Carme!

miércoles, 2 de octubre de 2019

OH WHEN THE SAINTS!


Hoxe preséntovos uns instrumentos moi divertidos que temos na aula de música: 
os boomwhackers!


Coñecédelos?
Son tubos de cores onde cada cor reproduce unha nota da escala.


Pois imos practicar con estes instrumentos esta canción que é un himno góspel moi famoso chamada ¨ Oh when the saints!¨




E aquí vos deixo o vídeo da canción para que a bailedes na casa, porque é moi divertida!