jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL!

Hoxe é o día do libro, e eu quixen contarvos un conto. Ademais no blog de BIBLIOTECA hai moitas sorpresas para celebrar este día. 
A ver se vos gusta...

Se puidérades escoller un instrumento para formar parte da banda dos Bolechas, cal escolleríades?
Anímate e cóntamo nun comentario aquí abaixo! ↓

Déixovos tamén un marcapáxinas dun dragón moi molón! Pulsa enriba para imprimir. Colorea, recorta e monta! Se é en cartolina moitísimo mellor, xa que durará máis!
:)

28 comentarios:

  1. Hola profe son Adri de quinto, a min o instrumento que me gustaria son as maracas e a meu irman Carlos a guitarra.
    Unha aperta moi forte.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. As maracas témolas no cole, a guitarra... xa máis complicada de atopar alí! Que ben! Gracias por comentar chicos. Unha aperta forte!

      Eliminar
  2. Ola!Eu escolleria unha corneta. Feliz día el libro. Un saúdo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A corneta é moi guai. Igualmente, feliz día do libro! :)

      Eliminar
  3. hola profe son sabela eu escolleria a frauta porque xa a temos dominada unha aperta moi forte.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sabeliña por fin deches comentado!! Alégrome que o resolveras, así tamén podes escribirme por aquí e o email para enviar as cousas.
      A frauta é boa elección, aínda que a moitos papás/mamás/profes non lles guste... a min encántame! Unha aperta!

      Eliminar
  4. hola profe son Celia eu escolleria a pandeireta porque me guata moito tocala.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. POis a túa elección é perfecta! Un día vou propoñer algunha actividade con este instrumento. Teño sorte que aquí na casa teño dúas, podemos facer un dúo tocando Celia, que che parece? Unha aperta forte e alégrame verte por aquí! :)

      Eliminar
  5. Ola profe.A min gustariame tocar a guitarra e a Antia a bateria.
    Un saludo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Con eses dous instrumentos faríades un grupo xenial! Boa elección! :)

      Eliminar
  6. Ola Ana!!
    Encantounos como nos contaches o conto dos Bolechas. A min (Antón) nesa banda gustaríame tocar a guitarra e a Martiño o saxofón.
    Feliz Día do Libro!
    Unha aperta forte!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que ben que vos gustara!! Contaríao mellor tendo diante a nenas e nenos coma vós, pero mentres non se poida terá que ser virtual. Guitarra encántame e o saxofón moito, coma Lisa Simpson non? Moitas gracias por participar chicos! Unha aperta!

      Eliminar
  7. Hola!!
    Roque escoge la guitarra, pero dice que tiene que ser de rock and roll!! jajaja!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que razón ten Roque! Porque guitarra pode ser a clásica, pero el quere a eléctrica, paréceme xenial. Imos ter que poñer por aquí algún rock and roll para que poida ir practicando... jejeje. Bico forte e gracias por comentar!!

      Eliminar
  8. Ola profe!
    Somos David e Carme, a min gustoume a corneta e a Carme gustoulle a guitarra.

    Unha aperta!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas gracias por participar chicos!!! Gústanme eses instrumentos que escollistes. Eu non sabería con cal quedar...

      Eliminar
  9. Diego Gendra Sanchez23 de abril de 2020, 15:59

    Hola profe Ana, gustoume moito como contaches o conto dos bolechas.
    Eu escolleria para tocar a guitarra

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrome moito Diego. Que terá a guitarra que triunfa! jejeje. Boa elección!
      Unha aperta forte!

      Eliminar
  10. Hola profe!

    Somos David e Dario.A min(David) gustaríame tocar a trompeta e a Dario gustaríalle tocar as maracas.

    Feliz día|

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que gran dúo faríades os dous, trompeta e maracas! Moi ben, moitas gracias por participar aos dous e un bico enoooorme!

      Eliminar
  11. Hola profe !! A mín gustaríame tocar o piano. Feliz día!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Anda! Por fin alguén me sorprende co piano, que bo instrumento. Pero para aprender a tocalo hai que estudiar moito moito. Boa elección Nuria. Un bico grande!

      Eliminar
    2. Ola profe! Eu podería tocar o bombo. Noa Lamelas.

      Eliminar
    3. O bombo é moi importante, pois é quen marca o ritmo, así que escolliches un instrumento moi bo! Gracias por participar Noa!!

      Eliminar
  12. Que sorte ten a profe Ana! Con tantos nenos e nenas que participan no blog xa pode montar unha banda!! Por suposto dicir que é moi boa contacontos! Apertas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jajajajajaja imos montar A banda da Sionlla! Gracias Patri, que gusto ter compañeiras currantas que valen ouro... Unha aperta para ti tamén e moitas gracias polo comentario!

      Eliminar
  13. Hola profe
    EU tocaría a guitarra. Son Asier.
    Saudos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A guitarra é un instrumento ideal. Con ela podes acompañarte da voz para cantar unhas cancións! Gracias Asier! Unha aperta

      Eliminar