E chegou o venres 19, data marcada no calendario escolar 2019/2020 como o último día de clase. A verdade houbérame gustado que fose doutro xeito, e poder despedirme de vós con unha aperta ou cantando e bailando xuntos no cole, pero este curso non puido ser... Así que temos pendente unha aperta, porque para o ano seguirei con vós e estou segura que todo vai ir moito mellor!
E qué bonito foi traballar con vós!
E qué bonito foi traballar con vós!
Graciñas a todos e todas por haber posto tanto da vosa parte, por acoller todas as actividades con emoción e entusiasmo, por participar e deixar a vergoña a un lado, e por facerme rir todos os días cos vosos vídeos e fotos.
Tamén agradecer as familias, porque sei que non foi doado, pero conseguístelo e aprenderon un montón coa vosa axuda.
Déixovos unhas medallas para quen queira imprimilas e recordar este percorrido como algo que nos sirva para mellorar!
Deséxovos un verán bonito e a coller moitas forzas para setembro.
APERTA GRANDE PARA TOD@S!
A profe Ana.
Hola profe somos Adri e Carlos , gracias a ti por poñernos tantas actividades , por certo gustounos moito a cancion de Soraya " Que bonito " .
ResponderEliminarMil apertas enoooormes
Feliz verán para os dous e moitas apertas para todos. Á volta miramos de facer coreografía con esta canción tan bonita vale? Que desfrutedes moito do verán que o tedes merecido! :)
EliminarFeliz veran profe Ana.paseino moi ben coas suas actividades. Un abrazo moi grande de Asier😘
ResponderEliminarAlégrome Asier que o pasaras tan ben. Un abrazo forte para ti e que pases un moi bo verán! Vémonos de novo en setembro!
EliminarHUGO E HÉCTOR: Un simple GRAZAS profe Ana por tanta implicación, frescura,....Moi bo verán e a coller forzas para o seguinte curso que probablemente sexan necesarias. Encantados que no seguinte curso nos volvamos a ver!!!! Un bicazo!
ResponderEliminarMoitas gracias Hugo e Héctor. Bo verán tamén para vós e vémonos en setembro! Aperta forte!
EliminarHola profe que pena que acabara o cole. Paseino xenial con tigo e o blog. Encantame a canción de Soraya. Esperó que no verán poñas actividades como estas cada día. Un bico e unha aperta. E feliz verán!!!!
ResponderEliminarOla Nuria. Alégrome que o pasaras ben. O verán é para descansar e coller forzas. O blog non vai ter actividades no verán posto que eu tamén collo vacacións para volver en setembro con moitas ganas e forza e moitas máis actividades chulis. Que o pases moi ben e a descansar moito! Unha aperta
EliminarOla, profe Ana!!!
ResponderEliminarMoitísimas grazas por todas as actividades que nos propuxeches, das que estabamos pendentes cada día porque sempre nos sorprendías con cousas moi chulas e entretidas. E grazas por acompañarnos durante estes meses na casa e por todo o que aprendimos e disfrutamos coa música.
Desfruta das vacacións!
FELIZ VERÁN A TOD@S!!!!!
Grazas a vós chicos e a vosa familia pola participación e boas palabras. Que desfrutedes moito no verán e vémonos á volta con máis enerxía ca nunca. Apertas grandes!
Eliminar:)
Hola profe Ana, somos Lucía y Carmen. Muchas gracias por este blog tan chulo, lo pasamos muy bien con las actividades. Feliz verano y hasta septiembre. Un abrazo
ResponderEliminarGracias a vós Lucía e Carmen por tanta enerxía e alegría! Feliz verán que desfrutedes moito! Vémonos en setembro! Apertas!
Eliminar