sábado, 31 de octubre de 2020

A Familia Addams - Percusión con vasos

Que vos parece este ritmo con vasos d@s de sexto? Antes de coller o vaso, desinfectamos coma sempre as nosas mans. Este ano en música estamos un pouquiño limitados para facer actividades cos instrumentos, pero as nosas ganas poden con todo!

Penso que saíu bastante ben. Estou moi contenta co voso traballo! Déixovos o vídeo para que o desfrutedes moito

viernes, 30 de octubre de 2020

Rosa e a morte

 CONTOS PARA PASALO DE MEDO NESTA FIN DE SEMANA

Nesta historia unhas maracas transfórmanse en personaxes para contarnos un conto para todas as idades.


E, se queredes inventar as vosas propias historias de amor, humor e terrorrrr... podédelo facer con este teatriño de papel do contacontos "Contos para pasalo de medo" de Carmen Domech, que atoparedes pinchando na seguinte imaxe.

martes, 27 de octubre de 2020

Escoito pasos, xa ven aí... O SAMAÍN!

 Algunhas actividades que estamos ou que imos traballar estos días nas nosas sesións de música, relacionadas co Samaín, son estas que están agochadas tras este Genially. Déixovolo para que poidades repasar ou seguir practicando na casa e prepararvos para o que imos traballar na aula.

Agardo que vos gusten moito!

lunes, 26 de octubre de 2020

FRAUTA. Repasamos as posicións dende a casa!

 Na aula, como vos comentei, non podemos traballar coa frauta posto que é imposible distanciarnos 3 metros como nos piden. Por iso vou ir lanzando retos de frauta para que toquedes e practiquedes, e me enviedes as vosas melloras a través dun vídeo, cando volo pida.

Mentres non lanzo reto, imos ir repasando cousiñas que vimos na clase:

  1. Colocación das mans para coller a frauta.
  2. Posición das notas.
Neste libriño poderedes repasar e irvos preparando para o reto de frauta.
Estades preparados/as?        

jueves, 22 de octubre de 2020

Magosto - Samaín!

 Aproxímanse o Magosto e Samaín e vou aproveitar para lembrar o Genially que elaborei o ano pasado, cunha selección de cancións que podedes desfrutar dende a casa. Algunhas xa as coñecedes... e dou fe de que vos gustaron!

jueves, 15 de octubre de 2020

Tres castañas polo chan!

Co outono chegou o tempo das castañas. Enfundamos botas e imos buscalas ao monte, para comelas asadas ou cocidas. Moito coidado cos ourizos, dentro deles é onde as atopamos. Este froito tan sabroso, dánnolo os castiñeiros!

Na aula de música aprendimos esta canción de Mamácabra, moi sinxeliña. 


E tamén fixemos un pequeno acompañamento con percusión corporal, neste caso co pé e con palmas, lembrando a importancia do silencio. 
Así mesmo descubrimos a forma AB cunha pequena introducción no principio. Moi atentos/as!

sábado, 10 de octubre de 2020

I want to break free!

 Esta semana os maiores estivemos practicando a percusión con rotu/boli/lapis. Para iso escollín esta canción tan famosa de Queen.

Só con un rotulador podemos facer ritmos tan xeniais como os que nos propón Nerea Seijoso con este fantástico vídeo. 

Déixovolo aquí no blog para que poidades seguir practicando na ponte! 

Lembrade repasar a colocación das notas no pentragrama así como a correcta colocación das plicas.

miércoles, 7 de octubre de 2020

COAS MIÑAS MANS!

 Cantas cousas podemos facer coas nosas mans, verdade? Cos pequeniños/as de infantil aprendémolas a través desta canción tan bonita de Mamacabra, e acompañamos cos xestos.


Tamén saudamos e fixemos algún xogo co Moucho Laroucho que vive na aula de música. 
Cando está contento e nos portamos ben, ponse na cor verde do semáforo. Se pola contra escoita moito ruído, lémbranos que debemos baixar o volume tocando o instrumento máxico.
Aquí vos deixo algunhas fotos para que o coñezades dende a casa e tamén o poidades volver a ver.

jueves, 1 de octubre de 2020

O pentagrama

 Hoxe cos peques de primaria estivemos aprendendo o que era o pentagrama. 

Viñamos de saber dende Infantil, que o pentagrama é ¨a casiña das notas¨, vaia, onde as notas se escriben para que poidamos facer música!

Aproveitamos o que temos no chan na aula de música para descubrir por cantas liñas e cantos espacios está formado.

Así mesmo apoiámonos nesta canción, que ten un retrouso ben pegadizo!


Colocamos as notas que temos na aula no pentagrama do chan coa axuda do conto...

E logo traballamos un pouquiño no noso libro de música...

E para que poidades seguir repasando, déixovos un enlace a un XOGO