Aproveitando que chega o Samaín empregamos este musicograma para acompañar ao esqueleto con 4 instrumentos de pequena percusión.
Fixemos grupiños e relacionamos cada instrumento con un sinal.
Achégase Samaín e en Infantil estamos traballando con esta audición do compositor Camille Saint-Saëns, chamada Fósiles.
É unha composición onde sae o clarinete, xilófono, piano, violín, viola, violonchelo e contrabaixo. É divertida e humorística. Os fósiles son animais petrificados, por iso compositor quixo buscar un son que semellaran os ósos dos fósiles, e para iso empregou o xilófono, co que comeza a audición.
Aquí vos deixo uns xogos para repasar e practicar a colocación das notas de do grave a re agudo no pentagrama, en clave de sol.
Cal vos gusta máis? A por elas!