Mostrando entradas con la etiqueta xogamos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogamos. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de octubre de 2021

Xogo de notas: do grave - re agudo

Aquí vos deixo uns xogos para repasar e practicar a colocación das notas de do grave a re agudo no pentagrama, en clave de sol. 

Cal vos gusta máis? A por elas!


lunes, 30 de marzo de 2020

RONSEL, o ritmograma de andar por casa!

No blog Afiestradamestra atopei este ritmograma ben curioso. Sabedes que significa a palabra ronsel? Pois é o rastro que van deixando os barcos cando van navegando polo mar. 
Como estamos co proxecto no cole de mares e océanos, podería haber actividade máis axeitada ca esta, para traballar dende música? 

Tripulación, temos tarefa nova!
  • Que precisades? Pois cousas de andar por casa... Como non temos a percusión da aula, imos empregar un garfo e unha culler (poden ser de madeira ou de metal) e unha mesa para percutir nela.
  • escoitamos a canción sen facer nada.
  • probamos con palmas, primeiro palmeamos a parte dos garfos e despois a parte das culleres, por separado e logo xunto, tendo en conta que cando non hai nada é un silecio.
  • probamos primeiro con un obxecto e logo co outro.
  • tentamos seguir o ritmograma con ambos obxectos.
Podemos retar á familia, a ver quen consigue facelo sen errar. 

Música, acción!
(tema de Luar na Lubre interpretado por Lume)


Se alguén se atreve a enviar foto/vídeo desta tarefa, coma sempre xa sabedes que será ben recibida:
asionllamusical@gmail.com

jueves, 26 de marzo de 2020

TRICO TRICO

Hoxe traio unha súper idea
1) Imos construir outro instrumento musical, esta vez non con vasos, senón con culleres. Chámanse ¨ Culleres Trico trico¨.

2) Con elas aprenderemos unha canción moi sinxeliña que cantaremos acompañándoa co noso instrumento.


3) Ademais engadímoslle unha pequena coreografía!



Explícannolo xenial Ana Quílez e Estevao Marques.
A canción é tradicional española, e chámase ¨La chata merengüela¨


Coma sempre se alguén se atreve a facelo (tanto o instrumento como a canción) podedes mandarme foto/vídeo a:
asionllamusical@gmail.com

lunes, 23 de marzo de 2020

Xogo de mans e pés

Para comezar ben a semana, traio un xogo moi divertido que podedes practicar en familia (se alguén se anima).
Chámase ¨Mans e pés¨
Con el fortalecemos os reflexos, a concentración e a coordinación ao mesmo tempo que nos divertimos!


O xogo consiste en debuxar (ou imprimir se temos a posibilidade) as tarxetas que vos poño abaixo, coas figuras de pés e mans. Temos que ter en conta que hai posición dereitaesquerda.
Podemos debuxar/imprimir seguindo a orde que se propón, ou colocalas libremente (ao voso gusto).
Temos que ir saltando e colocando os pés ou as mans tal e como indica. 
Para entendelo déixovos un vídeo.

Se tedes plastificadora, ou forro de libros, podedes forrar as vosas plantillas para que non se estropeen e poidades empregar o xogo tantas veces como queidades.
Ademais podemos engadir un tempo, de maneira que teñamos que superar toda a ronda nun tempo marcado, ou tamén poñer a música que nos guste, intentando seguir o ritmo da música cos saltos.
Déixovos aquí as plantillas. Pulsando enriba podedes descargalas. 
Espero que vos guste!









Se alguén se atreve a mandar foto/vídeo desta tarefa, coma sempre xa sabedes que será ben recibida: 
asionllamusical@gmail.com