En Ed. Infantil traballamos con este musicograma onde aparecen uns personaxes ben coñecidos para nós: Tom, Jerry e un queixiño rico rico.
Primeiro traballamos con palabras tiqui-tiqui = Jerry, Tom-Tom= Tom, ñam-ñam= queixo.
En Ed. Infantil traballamos con este musicograma onde aparecen uns personaxes ben coñecidos para nós: Tom, Jerry e un queixiño rico rico.
Primeiro traballamos con palabras tiqui-tiqui = Jerry, Tom-Tom= Tom, ñam-ñam= queixo.
Hoxe é 23 de abril e quixen facer unha presentación con algunhas recomendacións de libros relacionados coa música. Agardo que sexa de utilidade!
PD. Se tes algunha recomendación máis, podes escribir abaixo en ¨deixar comentario¨ para que poidamos aproveitala tod@s!
O sábado 22 de abril é o día da Terra. E que podemos facer pola Terra nós?
Ben, pois eu propóño inventar reciclando e reutilizando como fai Carmela.En 5º de Primaria bailamos The Entertainer, de Scott Joplin, intercalando partes de percusión corporal. Require de concentración e axudounos a diferenciar as partes dunha peza, ao mesmo tempo que nos divertimos. A parte de xogo de palmas temos aínda que mellorala.
En 4º de Primaria estivemos practicando esta Polka coa que traballamos as partes dunha peza musical de xeito práctico.
Trátase da Polka de Johann Strauss, op.110 (Electro - Magnetic Polka)
Esta canción aprendímola gracias ao vídeo que nos compartiu Nerea Seijoso, e gústanos moito. Ademais de cantar e pasalo ben, prestamos atención ao esquema corporal.
Imos algo rápidos, verdade?
Que ben cantan os nenos e nenas de 4º de Primaria, non credes?
Aquí vos deixo o vídeo interpretando unha canción que estivemos traballando na aula polo día da muller traballadora.
Imos traballar esta peza de Mozart empregando os seguintes ritmos e con percusión corporal. Axudámonos de palabras:
En primeiro de primaria estivemos traballando con esta canción tan divertida. Fixemos dous grupos e practicamos coas claves e coas maracas.
Agardamos que vos guste tanto como a nós!
Se hai unha canción que sempre triunfa, esa é sen dúbida esta que nos interpreta o alumnado de 5º de Primaria.
Achégase o 8 de marzo, o día da muller, e dende música comparto con vós esta canción que me encanta das Tanxugueiras. Déixovos o vídeo e mais a letra: Que non mo neguen!
Intentaremos aprendela nalgún curso de primaria.