En 5º de Primaria bailamos The Entertainer, de Scott Joplin, intercalando partes de percusión corporal. Require de concentración e axudounos a diferenciar as partes dunha peza, ao mesmo tempo que nos divertimos. A parte de xogo de palmas temos aínda que mellorala.
Os nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil bailamos e acompañamos esta canción con folios de cores. Traballamos a atención, o ritmo, e o movemento, ademais de pasalo xenial!
O día 29 de abril, Día da danza, lancei 3 propostas para mover o esqueleto. Poucos vos atrevistes a ensinarme os vosos bailes, pero non me enganades, porque sei perfectamente que estades feitos uns ¨bailongos¨! Así que para animarvos, déixovos con Roque, Carla e Sabela, para que vexades que ben o fan, e dicirvos que aínda estades a tempo de envialo!
GRACIAS A ELES E AS SÚAS FAMILIAS POR TANTO TRABALLO!
A elección deste día foi porque coincide co día de nacemento de Jean-Georges Noverre, estudioso desta arte e creador do ballet moderno.
O baile e o ballet son exercicios moi recomendables, xa de forma espontánea ou organizada, produce unha sensación de liberdade axudándonos na coordinación. Déixovos tres propostas para que movades o esqueleto. 1º)O xogo da Carrasquiña: sobre todo para os máis peques (infantil e 1º). Este é un baile moi bonitiño que nos quedou por ver na clase. Así que se vos animades, podedes irlle dando un vistazo. O bico e a aperta poden ser ¨polo aire¨, xa que temos que gardar distancias... os bicos e as apertas voadoras tamén son divertidas!
2º) I like to move it: unha proposta para mover o corpo con moito ritmo e ganas! (2º, 3º e 4º)
3º)Dance Monkey: esta precisa maior traballo, concentración e coordinación (5º e 6º). Sodes os maiores e tamén podedes inventar vós outros pasos!
Cada un que escolla a que máis lle guste ou as tres. Os cursos púxenos a modo orientativo. Espero que as disfrutedes, podedes animar á familia que bailen con vós! Podedes comentarme con cal vos animades ⇩ e se alguén me quere enviar unha mostra... xa sabedes! asionllamusical@gmail.com