Mostrando entradas con la etiqueta percusión corporal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta percusión corporal. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de abril de 2023

The Entertainer

En 5º de Primaria bailamos The Entertainer, de Scott Joplin, intercalando partes de percusión corporal. Require de concentración e axudounos a diferenciar as partes dunha peza, ao mesmo tempo que nos divertimos. A parte de xogo de palmas temos aínda que mellorala.

Escoita a música

martes, 23 de noviembre de 2021

Audición activa

En 6º de primaria estivemos traballando con esta audición, Obertura de Guillerme Tell, do compositor Gioachino Rossini

Para saber máis deste compositor (anécdotas e curiosidades da vida e obra), pulsa enriba da súa caricatura.

Para facer máis doado o traballo, na primeira escoita visualizamos o musicograma que nos presenta o noso proxecto Tiroliro, para logo acompañala con percusión corporal, axudados dun vídeo, co que traballamos as diferentes partes da obra, ademáis de fixarnos nas indicacións de intesidade (mp, mf, f...)

Musicograma Guillerme Tell, de Rossini.
Tiroliro

martes, 21 de septiembre de 2021

Wellerman - Hermoti

Os de 6º estivemos traballando con esta canción na clase. Ademais fixemos os acompañamentos con percusión corporal. Déixovos a letra para poder cantala de novo dende a casa, mais os vídeos da canción e da percusión corporal de Nerea Seijoso.




miércoles, 16 de junio de 2021

Try everything: percusión corporal

Para seguir traballando coa percusión corporal, escollín esta canción cantada por Shakira, Try Everything. 
É unha canción composta para a película de Walt Disney chamada Zootopia.

viernes, 28 de mayo de 2021

Artellando na aula de música - 4º e 6º EP

 Ola a todos e todas.

Déixovos un vídeo onde podedes ver ao  alumnado de 6º acompañando esta canción de Bruno Mars e Mark Ronson, Uptown Funk

Por outro lado o alumnado de 4º cantan e acompañan con percusión corporal Eram sam sam.

viernes, 5 de febrero de 2021

Soco, bate, vira!

 Activamos os 5 sentidos e con este xogo de percusión corporal traballamos a concentración e a coordinación.

Ollo que cando vai rápido é moito máis complicado! 4º 5º e 6º estamos traballando para facelo perfecto! A ver se pronto podemos ensinar vídeos do noso traballo!

miércoles, 4 de noviembre de 2020

Percusión Corporal de Cine

 Déixovos as dúas propostas que estamos traballando na aula con percusión corporal, para que sigades practicando dende a casa.

lunes, 21 de septiembre de 2020

Dance Monkey, Percusión Corporal

No confinamento propúxenvos un baile con esta canción ¨Dance Monkey¨, pero para comezar o cole, os maiores fixémola tamén con percusión corporal (xa que é o instrumento que máis preto temos), de maneira individual.

Esta é un pouquiño máis difícil, sobre todo no retrouso, onde se complica co movemento de ¨peito-chasquido-palma- chasquido-peito¨. Lembrade que podedes baixar a velocidade na roda de abaixo á dereita. 

ÁNIMO e a seguir practicando para que nos saia perfecta!

O email da aula de música segue funcionando. Calquera cousa que queirades comentarme, enviarme ou suxerirme estou operativa nel:

asionllamusical@gmail.com

jueves, 17 de septiembre de 2020

A pantera rosa!

Un compositor moi famoso chamado Henry Mancini, compuxo a música que acompaña aos debuxos da Pantera Rosa, que tanto nos gusta. 
Imaxe extraída do blog ¨musicideasmolonas¨

O alumnado de 2º e 1º de primaria, vimos este vídeo tan fantástico na clase, onde ademais de divertirnos descubrimos moitos instrumentos, moitos deles xa coñecidos por nós.

Aproveitamos tamén para recordar que non só cos instrumentos podemos acompañar ou facer música. En nós mesmos temos o mellor instrumento que existe, a percusión corporal.
 
Por iso acompañamos este musicograma con chasquidos, palmas, pernas e pés.
Aquí volo deixo por se queredes volver a facelo dende a casa.

viernes, 5 de junio de 2020

Ska de la Tierra

Hoxe 5 de Xuño celebramos o día Mundial do Medio Ambiente.  Por esta data fanse campañas de limpeza de praias, bosques, carreteras... Trátase de concienciarnos da importancia de coidar do noso entorno, xa que a moitas persoas non lles interesa o máis mínimo, e mundo só temos un, debemos coidalo!
Ocórresevos algo que poidades facer para colaborar co medio ambiente? Deixa a túa idea en comentarios.
Cada ano establécese un país diferente como anfitrión, para facer as celebración oficiais deste día. Este ano tócalle a Colombia (co apoio de Alemaña).
Dende música propóñovos esta canción de bebe, ¨Ska de la tierra¨.


Inventei uns ritmos de percusión corporal para acompañar a canción. Déixovos o vídeo, para que vexades que a profe tamén se anima a ensinarvos o seu!
E se queredes ensinarme o voso resultado no email da aula de música: asionllamusical@gmail.com

Ademais no Blog de Biblio tedes dous xogos para ver canto sabedes do medio ambiente! 
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES!

miércoles, 29 de abril de 2020

Música co corpo!

Como a voz e o corpo son dous instrumentos que levamos con nós a todas partes, aproveitamos esta temporada (na que non dispoñemos dos instrumentos da aula), para avanzar e seguir coa percusión corporal, que é moi divertida!
Non vos preocupedes se os chasquidos non saen ben, recordade o que digo sempre na aula, facede o xesto! Os pasos para traballalo son:
Miramos o vídeo probando os esquemas rítmicos.
Practicámolos por separado.
Intentamos seguir co chico a música xuntando todo. 

O que se anime a ensinarme os seus progresos, son toda oídos e ollos para ver canto mellorades:
asionllamusical@gmail.com