lunes, 25 de noviembre de 2019
CHE@S DE VIDA!
Aprendimos esta canción para o 25N e os nenos/as de 5º ofrecéronse a cantala todos xuntos. Que vos parece?
Souvenir de Vals! SI - LA
Os nenos/as de 4º practicamos as notas SI e LA con este vals. Aquí tedes a partitura:
Tamén vos deixo o vídeo:
NOTA SI: Junto al río
Os nenos/as de 3º estamos comezando o traballo coa frauta.
Fixemos un repaso de cómo temos que colocarnos, sentarnos, soplar, conde temos que colocar os dedos...
Comezamos coa nota SI. Para o traballo con esta nota, escollín esta partitura moi faciliña!
Fixemos un repaso de cómo temos que colocarnos, sentarnos, soplar, conde temos que colocar os dedos...
Comezamos coa nota SI. Para o traballo con esta nota, escollín esta partitura moi faciliña!
Déixovos o enlace para practicar co audio dende casa.
Pincha enriba!
miércoles, 20 de noviembre de 2019
La puerta violeta - Rozalén
A cantante Rozalén fixo unha canción moi bonita chamada ¨ La puerta violeta¨, un himno contra as agresións machistas e unha homenaxe ás mulleres maltratadas.
O luns 25 de Novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e dende o cole queremos cuidarnos e respetarnos todos e todas, por iso o traballamos para que se acabe esta violencia (e calquera outra), porque desexamos un mundo onde ser felices e libres!
A través de cancións e de contos, como os que nos propón o Equipo de Biblioteca, lembramos que todos somos iguais e que merecemos o mesmo trato!
viernes, 8 de noviembre de 2019
CANCIÓNS PARA @S MÁIS PEQUES
En infantil temos moitas cancións que nos gustan. Algunhas son estas que vos deixo!
A primeira chámase ¨Nubes¨, e vainos moi acorde co tempo, ademais de cantar e acompañar con xestos experimentamos o cambio de velocidade na música.
A primeira chámase ¨Nubes¨, e vainos moi acorde co tempo, ademais de cantar e acompañar con xestos experimentamos o cambio de velocidade na música.
Outra que nos gusta é ¨Lúa¨, que a practicamos con percusión corporal (pernas+palmas). Primeiro limos un conto ¨Onde está a Lúa?¨, onde Rui, un lobiño pequeno quería ouvear coma os lobos grandes da manada, co que comprobamos as diferencias de intensidade. E despois cantamos a canción.
E tamén nos encanta ¨Imos bailar¨ de Mamácabra. Con esta canción imos bailando coas partes do corpo que vai mencionando. A parte que máis nos gusta é cando damos mil saltos!
lunes, 4 de noviembre de 2019
CHEA DE VIDA
O día 25 de Novembro celebramos o día internacional contra a Violencia de Xénero.
Para recordar a importancia de respectarnos, dende música imos aprender esta preciosa canción de Guadi Galego, e acompañala con xestos.
Para recordar a importancia de respectarnos, dende música imos aprender esta preciosa canción de Guadi Galego, e acompañala con xestos.
Déixovos a letra e tamén o vídeo coa canción para que poidades practicar dende a casa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)