O 30 de Xaneiro celebramos o día da Paz onde nos comprometemos, nenos/as e profes a defendela.
Sabedes por qué se escolleu este día? Porque ese día celébrase o aniversario de Mahatma Gandhi, que foi un líder pacifista que defendía a non violencia.
Na aula de música imos aprender unha canción moi divertida do grupo Mamácabra que se chama ¨ O baile da Paz¨
Déixovos aquí a letra e tamén un vídeo con pictogramas feito polo Ceip A Gándara, para que a vaiades aprendendo.
Ademais de cantala imos a bailala e con ela recordar que os nenos/as da Sionlla queremos a Paz!
No hay comentarios:
Publicar un comentario