No blog Afiestradamestra atopei este ritmograma ben curioso. Sabedes que significa a palabra ronsel? Pois é o rastro que van deixando os barcos cando van navegando polo mar.
Como estamos co proxecto no cole de mares e océanos, podería haber actividade máis axeitada ca esta, para traballar dende música? Tripulación, temos tarefa nova!
- Que precisades? Pois cousas de andar por casa... Como non temos a percusión da aula, imos empregar un garfo e unha culler (poden ser de madeira ou de metal) e unha mesa para percutir nela.
- 1º escoitamos a canción sen facer nada.
- 2º probamos con palmas, primeiro palmeamos a parte dos garfos e despois a parte das culleres, por separado e logo xunto, tendo en conta que cando non hai nada é un silecio.
- 3º probamos primeiro con un obxecto e logo co outro.
- 4º tentamos seguir o ritmograma con ambos obxectos.
Podemos retar á familia, a ver quen consigue facelo sen errar.
Música, acción!
(tema de Luar na Lubre interpretado por Lume)
(tema de Luar na Lubre interpretado por Lume)
Se alguén se atreve a enviar foto/vídeo desta tarefa, coma sempre xa sabedes que será ben recibida:
asionllamusical@gmail.com
Que ideas máis bonitas e entretidas podemos encontrar neste blog! Moitas gracias polo teu estupendo traballo, Ana! Con estas actividades estes días lévanse moito mellor! :)
ResponderEliminarGraciñas Patri! :)
EliminarOs días lévanse mellor tamén, tendo cerca a grandes compañeiras coma ti, curranta como ningunha!
Bico forte e vémonos prontiño!