lunes, 1 de junio de 2020

Soa a percusión!

Lembramos que temos en música 3 grandes familias que son: a familia de percusión, familia de vento (vento madeira /vento metal) e a familia de corda. Hoxe comezaremos repasando a familia de percusión
Lembramos con un vídeo cal era esta familia... e logo propóñovos 3 tarefas que podedes escoller unha ou facelas todas, como máis bos guste!

1) Ademais destes hai moitos outros instrumentos de percusión. Escribe en comentarios algún outro instrumento desta familia.

2) Agora axuda a colocar cada instrumento no lugar correspondente segundo sexan de corda, vento ou percusión. Xa me contarás que tal foi e se acertaches todos!


3) Por último imos a convertirnos en percusionistas. 
Que precisamos? Moi doado. Un caldeiro que teñamos pola casa e unhas baquetas, que poden ser uns paus ou mesmo as paletas de madeira que empregamos na casa para cociñar. Cando teñas o teu instrumento, atento porque hai que tocar!

E se nos quedamos con ganas de máis, déixovos tamén unha selección de debuxos para colorear estes instrumentos.

10 comentarios:

  1. Hola profe son Adri busquei algun como os boomwhakes a pandeireta o bombo as castañuelas a caixa china ... Tamen me gustou moito o xogo e acerteinas todas e vou a colorear algun debuxo e mandareicho ao correo
    Unha aperta enorme.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola Adri! Moi ben. Moitas gracias polo comentario e xa me ensinarás o teu debuxiño. Se te atreves a facer o ritmo con un cubo... xa recibín algún e moi divertido. A ver se podemos facelo para o curso na clase todos xuntos. Unha aperta forte!

      Eliminar
  2. Ola profe,

    instrumentos de percusión: timbales, pandeireta, bombo. Gustounos moito o xogo de clasficar instrumentos acertámolos todos.

    Un abrazo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola David e Carme. Así que os acertastes todos? Que ben! Seguro que a David lle resultou moi doado, que el no xogo de adiviñar en clase era moi moi listiño. Encima con Carmen máis axuda aínda! Moi beeeeen, noraboa aos dous. Unha aperta forte!

      Eliminar
  3. Hola profe somos Belén e Iria
    Nos pensamos no triangulo e tamen encontramos uns que se chaman congas pero cando quixemos intentar colocar os instrumentos no seu sitio poñianos que estaba bloqueado ou algo así... Non sabemos o que lle pudo ocurrir
    Unha aperta enorme :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois igual foi un falliño da páxina! Pero seguro que os demais os colocastes perfecto. Moitas gracias por participar e por comeentar. Unha aperta grande!

      Eliminar
  4. Ola profe Ana! A min o instrumento que máis me gusta de percusión é o bombo, que toco no folión no antroido. Busquei en internet e tamén aparecía: o timbal, as castañuelas e a zambomba.
    Fixen o xogo e acertei todos.
    Apertas,
    Noa Lamelas 2º

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Así que tocas o bombo no folión de Entroido? Que ben, Noa! E eu sen sabelo... jejeje. Moitas gracias por comentar e contarme. Un bico grande! :)

      Eliminar
  5. Hola,somos David e Dario
    Nos gustou moito os sons da percusions e os videos
    E foron moi divertidos e moi emocionantes,
    Un saudo,
    E unha aperta moi grande.

    ResponderEliminar