viernes, 28 de abril de 2023

Danza de los 7 saltos, con pequena percusión

 En 3º Ed.Primaria adaptamos a coñecida Danza de los 7 saltos, para acompañala con pequena percusión.

Trátase dunha canción acumulativa. Empregamos 7 instrumentos: cunchas, cascabeis, pandeiros, güiros, pandeiretas, cocos e triángulos. 

Escoitar canción

jueves, 27 de abril de 2023

As notas musicais + Na granxa de Pepito con campás

 Onte na clase con 6º de Ed. Infantil repasamos as notas coas súas personaxes coa canción de ¨Pequeño Mozart¨. Levamos con ela dende que comezamos o cole, e xa a saben estupendamente. Mirade!



Logo tocaron con campás e metalnotas a canción Na granxa de Pepito, tamén do método Pequeño Mozart. 

  

martes, 25 de abril de 2023

Pizzicato de Léo Delibes

 En Ed. Infantil traballamos con este musicograma onde aparecen uns personaxes ben coñecidos para nós: Tom, Jerry e un queixiño rico rico.

Primeiro traballamos con palabras tiqui-tiqui = Jerry, Tom-Tom= Tom, ñam-ñam= queixo.



domingo, 23 de abril de 2023

23 Abril: Dia do Libro

 Hoxe é 23 de abril e quixen facer unha presentación con algunhas recomendacións de libros relacionados coa música. Agardo que sexa de utilidade!

PD. Se tes algunha recomendación máis, podes escribir abaixo en ¨deixar comentario¨ para que poidamos aproveitala tod@s!

viernes, 21 de abril de 2023

22 de Abril: día da Terra

O sábado 22 de abril é o día da Terra. E que podemos facer pola Terra nós? 

Ben, pois eu propóño inventar reciclando e reutilizando como fai Carmela. 

jueves, 20 de abril de 2023

The Entertainer

En 5º de Primaria bailamos The Entertainer, de Scott Joplin, intercalando partes de percusión corporal. Require de concentración e axudounos a diferenciar as partes dunha peza, ao mesmo tempo que nos divertimos. A parte de xogo de palmas temos aínda que mellorala.

Escoita a música