CONTOS PARA PASALO DE MEDO NESTA FIN DE SEMANA
Nesta historia unhas maracas transfórmanse en personaxes para contarnos un conto para todas as idades.
CONTOS PARA PASALO DE MEDO NESTA FIN DE SEMANA
Nesta historia unhas maracas transfórmanse en personaxes para contarnos un conto para todas as idades.
Algunhas actividades que estamos ou que imos traballar estos días nas nosas sesións de música, relacionadas co Samaín, son estas que están agochadas tras este Genially. Déixovolo para que poidades repasar ou seguir practicando na casa e prepararvos para o que imos traballar na aula.
Agardo que vos gusten moito!
Na aula, como vos comentei, non podemos traballar coa frauta posto que é imposible distanciarnos 3 metros como nos piden. Por iso vou ir lanzando retos de frauta para que toquedes e practiquedes, e me enviedes as vosas melloras a través dun vídeo, cando volo pida.
Mentres non lanzo reto, imos ir repasando cousiñas que vimos na clase:
Aproxímanse o Magosto e Samaín e vou aproveitar para lembrar o Genially que elaborei o ano pasado, cunha selección de cancións que podedes desfrutar dende a casa. Algunhas xa as coñecedes... e dou fe de que vos gustaron!
Co outono chegou o tempo das castañas. Enfundamos botas e imos buscalas ao monte, para comelas asadas ou cocidas. Moito coidado cos ourizos, dentro deles é onde as atopamos. Este froito tan sabroso, dánnolo os castiñeiros!
Na aula de música aprendimos esta canción de Mamácabra, moi sinxeliña.
Esta semana os maiores estivemos practicando a percusión con rotu/boli/lapis. Para iso escollín esta canción tan famosa de Queen.
Só con un rotulador podemos facer ritmos tan xeniais como os que nos propón Nerea Seijoso con este fantástico vídeo.
Déixovolo aquí no blog para que poidades seguir practicando na ponte!
Cantas cousas podemos facer coas nosas mans, verdade? Cos pequeniños/as de infantil aprendémolas a través desta canción tan bonita de Mamacabra, e acompañamos cos xestos.
Hoxe cos peques de primaria estivemos aprendendo o que era o pentagrama.
Viñamos de saber dende Infantil, que o pentagrama é ¨a casiña das notas¨, vaia, onde as notas se escriben para que poidamos facer música!
Aproveitamos o que temos no chan na aula de música para descubrir por cantas liñas e cantos espacios está formado.
Así mesmo apoiámonos nesta canción, que ten un retrouso ben pegadizo!
No confinamento propúxenvos un baile con esta canción ¨Dance Monkey¨, pero para comezar o cole, os maiores fixémola tamén con percusión corporal (xa que é o instrumento que máis preto temos), de maneira individual.

Esta é un pouquiño máis difícil, sobre todo no retrouso, onde se complica co movemento de ¨peito-chasquido-palma- chasquido-peito¨. Lembrade que podedes baixar a velocidade na roda de abaixo á dereita.
ÁNIMO e a seguir practicando para que nos saia perfecta!
O email da aula de música segue funcionando. Calquera cousa que queirades comentarme, enviarme ou suxerirme estou operativa nel:
asionllamusical@gmail.com
Comezamos a semana un pouco ¨doces¨, con este xogo tan coñecido ¨Chocolala¨, que foi adaptado ás novas circunstancias.
Hoxe fixémolo en 3º de Primaria e gustounos moito a experiencia.
Collemos uns lapis/rotus/bolis, e percutimos con eles. Para iso aproveitamos este material tan bo elaborado por Nerea Seijoso.
Seguimos practicando?
Lembrade que podemos baixar a velocidade, na roda da dereita (configuración), en velocidade de reprodución. Aí podemos seleccionar a opción para practicalo primeiro lento, e unha vez que collemos práctica, facelo á velocidade normal.
Ola de novo a todos e todas! Aquí estamos outro curso máis para comezar con moitas ganas, porque o virus non nos vai parar...
Quero comezar o curso con unha canción que seguro que vos sona, pero ollo! que a letra é diferente do que escoitades na radio eh!
COIDA DE TI E DOS DEMAIS!
Anímaste a cantar? Deséxovos un bo inicio de curso e que eu poida aledarvos os días, aínda que sexa a volta máis difícil de todas!
:)