Cos nosos palillos chinos en 6º de Infantil acompañamos está divertida audición chamada Alunelul. Non só traballamos o ritmo senón tamén o movemento, adaptándoo á velocidade da música. Ademais vivenciamos a estrutura desta peza, diferenciando a parte A (onde tocamos cos palillos) da parte B (onde avanzamos e nos movemos).
jueves, 17 de marzo de 2022
miércoles, 16 de marzo de 2022
Danza dos sete saltos
O alumnado de 3º de Primaria estivemos traballando con esta danza de Dinamarca, chamada ¨Danza dos 7 saltos¨.
Con ela non só desfrutamos, senón tamén desenvolvemos o oído musical, a estrutura temporal, ritmo, movemento, coñecemento físico e psicomotricidade.
Coa proposta do noso proxecto Tiroliro, ademais diferenciamos os instrumentos de vento-metal, de agudo a grave: trompeta, trompa, trombón e tuba.
É unha música acumulativa, que consta de 7 voltas e cada unha delas é interpretada neste caso, por un instrumento de vento-metal.
Temos que seguir mellorando e agudizando a memoria!
lunes, 14 de marzo de 2022
A regueifa dos de 5º
A regueifa é un desafío improvisado e cantado en verso de unha ou un conxunto de persoas que se retan entre si.
É de orixe galego_portuguesa, con parecido ao rap actual, pero as regueifas son de orixe popular e eran transmitidas oralmente.
Empregamos coplas populares como a primeira, pero tamén houbo un traballo de improvisación onde por grupos crearon varias e de entre todas escollimos a última que cantamos.
viernes, 11 de marzo de 2022
Agudo e Grave
En Infantil e 1º de primaria, un dos contidos que traballamos nalgunhas sesións, é a altura do son, diferenciando os extremos: son agudo e son grave.
jueves, 10 de marzo de 2022
Do - re - mi - sol - la, metalnotas
En 2º xa levamos aprendidas estas cinco notas. Entoamos e cantamos ademais de practicar a súa colocación no pentagrama axudados destas divertidas arañas.
Traballamos un montón de contidos, de xeito práctico:
linguaxe musical (compás, figuras, forte e piano, notas...), entoación, interpretación musical, agarre de baquetas e alternancia de mans.
martes, 8 de marzo de 2022
8 MARZO: Día internacional da muller
Como cada 8 de marzo celebramos o Día da muller reivindicando a igualdade que merecemos, pois todos e todas podemos ser o que queiramos ser.
Fixen unha selección de músicas para este día, e agardo que vos gusten. Son moitas das miñas favoritas. O debuxo tamén dun favorito, o pintor Leandro Lamas.
Con cal vos quedades? Podedes escoller unha, deixando en comentarios.
(Para velo mellor, podedes mover a barra lateral e inferior)
martes, 22 de febrero de 2022
23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro
Aquí vos deixo unha selección de música que me gusta, inspirada na poesía de Rosalía de Castro.
Mañá 23 de febreiro é o seu día e lembrámonos dela, como unha escritora a quen seguir como exemplo.
Agardo que vos gusten!
miércoles, 9 de febrero de 2022
O ROCK DA DUCHA - Migallas
Esta canción está sendo un éxito. Ademais de cantala, acompañamos con un baile movéndonos por toda a clase, e como ten ritmo de Rock gústanos un montón.
Déixovos o vídeo e a letra da canción, para que poidades seguir cantando dende a casa.
martes, 8 de febrero de 2022
Sambori musical
domingo, 30 de enero de 2022
30 de xaneiro: Día da Paz
No cole recibimos o día da paz como máis nos gusta... CON MÚSICA!
LEMBRADE: A paz ten que ser todos os días!
martes, 18 de enero de 2022
Xogos de ritmo con palillos chinos
Empregamos os palillos chinos para xogar con distintos ritmos, que poden servirnos para acompañar melodías.
Con este vídeo de La Bombocova podedes seguir practicando dende as vosas casas. O próximo paso vai ser acompañar os ritmos con movemento.
martes, 11 de enero de 2022
Xa chegou o día da Paz: Pablo Díaz
A próxima parada que faremos no calendario é o Día da Paz o 30 de Xaneiro.
Para conmemorar este día traballaremos na aula de música con esta canción de Pablo Díaz, do seu libro/cd Tic Tac Toc. A nivel centro intentaremos facer unha montaxe como a do ano pasado, a ver se o conseguimos!
Déixovos a letra da canción, o vídeo mais a canción que fixemos o ano anterior.