Este é un xogo musical que nos axuda a levar o pulso na canción.
Ten unha canción moi chula, adaptada por Ana Quílez e Estevao Marques
Se temos irmáns ou alguén que queira facelo con nós, podemos facelo por parellas para que sexa máis divertido, pero tamén o podedes facer sós.
Precisamos un vaso de plástico que podemos decoralo coloreando unha flor e pegándoa no vaso. Déixovos dous modelos pero podedes facelas vós.
Déixovos o vídeo que vos explican moi ben e a letra da canción para quen se anime a cantala.
Para os máis pequenos pode resultar máis complicado, así que coma sempre, podemos adaptalo según a nosa idade. Para os maiores podemos poñelo máis complicado, aumentando a velocidade ou quitándolle a letra a canción.
Para os máis pequenos pode resultar máis complicado, así que coma sempre, podemos adaptalo según a nosa idade. Para os maiores podemos poñelo máis complicado, aumentando a velocidade ou quitándolle a letra a canción.
Se alguén se anima a facelo e ensinarmo, coma sempre eu encantada:
asionllamusical@gmail.com
Hola profe gustoume moito o xogo e vouno facer e grabalo para enviarcho estaba super chulo. Grazas por poñer tantas actividades para que non nos aburramos unha aperta xigante!!
ResponderEliminarAi Sabeliña! Non sabes o contenta que me pon saber que vos gustan as actividades e que non só vos entretedes, tamén aprendemos moitas cousas con elas (aínque que nos pareza que non). Así que as gracias douchas a ti por ser tan traballadora, sempre ter ganas de facelas e ter unha actitude tan boa cara a materia. Noraboa e unha aperta forte! :)
EliminarHola profe son Adri igual que Sabela gracias por ponernos tantas actividades eu también vou facer o vídeo .
ResponderEliminarUnha aperta enorme.
Gracias a ti Adri, por todas as túas ganas por facer todo o que propoño, motivación e traballo! Noraboa. Con alumnas coma vós dá gusto pensar cousiñas. Unha aperta grande! :)
Eliminar