Hoxe 5 de Xuño celebramos o día Mundial do Medio Ambiente. Por esta data fanse campañas de limpeza de praias, bosques, carreteras... Trátase de concienciarnos da importancia de coidar do noso entorno, xa que a moitas persoas non lles interesa o máis mínimo, e mundo só temos un, debemos coidalo!
Ocórresevos algo que poidades facer para colaborar co medio ambiente? Deixa a túa idea en comentarios.
Cada ano establécese un país diferente como anfitrión, para facer as celebración oficiais deste día. Este ano tócalle a Colombia (co apoio de Alemaña).
Dende música propóñovos esta canción de bebe, ¨Ska de la tierra¨.
Inventei uns ritmos de percusión corporal para acompañar a canción. Déixovos o vídeo, para que vexades que a profe tamén se anima a ensinarvos o seu!
E se queredes ensinarme o voso resultado no email da aula de música: asionllamusical@gmail.com
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES!
Bos días profe Ana,
ResponderEliminarSon Lucía de 5°de primaria. Acabo de ver os dous vídeos e encantáronme.
Pronto recibirás o meu resultado por mail.
Saúdos!
Ola Lucía! Xeniaaaal,anímaste comigo coa percusión corporal? Estarei atenta o email. Unha aperta forte e graciñas! Noraboa por certo polo da percusión do outro día. Encantoume o voso vídeo! Saíuvos xenial! :)
EliminarHola profe son Belén
ResponderEliminarEncantáronme os videos.
E o que podiamos facer para colaborar co Medio Ambiente é que cada vez que terminemos de estar co ordenador, con unha tablet ou o movil apaguemolos para non desperdiciar enerxia, tamen cada vez que salimos da habitación apagar as luces e a ultima cousa que se me ocorreu e usar enerxías renovavles.Espero que sirvan.
Unha aperta enorme :)
Moi boas ideas Belén. Moitas gracias por compartilas con todos. Alégrome que che gustaran os vídeos. Unha aperta forte! :)
Eliminarhola profe somos Adri e Carlos gustaronnos moito os videos e unhas das colaboracions co medio ambiente son :
ResponderEliminarNon deixar correr a auga se non a estas utilizando , apagar as luces cando marches dalgún lado e por último non tirar residuos ao mar ou río .
unha aperta enorme.
Ola Adri e Carlos. Alégrome moito que vos gustara. E parécenme perfectas esas ideas que propoñedes para colaborar co medio ambiente. Moitas gracias por contarmas e comentar! Unha aperta forte e a comezar moi ben a semana! :)
EliminarOla profe, son Noa Lamelas de 2º, encantoume a túa percusión corporal e o outro video tamén.
ResponderEliminarPara colaborar co Medio Ambiente cando vexamos algo tirado no chan, podemos collelo e botalo no lixo.
Unha aperta
Ola Noa! Moitas gracias por contarme e alégrome moito que che gustaran os dous vídeos. Se te animas a facelo xa me ensinas. Unha aperta grande e que teñas moi bo inicio de semaniña! :)
EliminarOla profe son Asier non talar árboles.Non tirar lixo o chan.un abrazo
ResponderEliminarOla Asier! Non tirar lixo ao chan é unha moi boa colaboración co medio, sobre todo agora que se ve a xente tirando mascarillas e guantes ao chan ou ao mar. Moitas gracias por participar e comentar. A pola semana! :)
Eliminar