domingo, 15 de marzo de 2020

Os oficios!

Estiven pensando estes días, e decateime da importancia que teñen todas as profesións, ningunha está por riba doutra, todas son importantísimas, 
non credes?
Por iso quixen facer un recopilatorio de cancións que me gustan que falan de diferentes oficios...Nestes días é cando nos damos conta do valor que teñen todos eles!
 Aquí volas deixo.



E tiven


Con elas traio un pequeno traballiño de investigación... 
Quen se apunta?
Tedes toda esta semana para resolver os oficios ocultos tras as cancións!
Lembrade poñerme nome e curso, para saber quen investigou!

miércoles, 11 de marzo de 2020

Ou iso, ou aquilo!

Seremos o que queiramos ser!
Independentemente de ser neno ou nena. 
Por iso estamos aprendendo esa canción que ten unha melodía tan divertida.
O respeto é un valor que temos moi en conta na aula de música.


martes, 3 de marzo de 2020

Os caranguexos

Os nenos e nenas de 3 anos, convertíronse en caranguexos este Entroido. 
E na aula de música aprendimos esta canción que tanto nos gustou!


Ademais gústanos moito xogar ao xogo dos caranguexos ¨bailongos¨. 
Que non sabedes de que se trata? Pois os caranguexos atópanse durmindo na súa cova musical (que é o pentagrama que temos na aula). Cando comezan a escoitarse as pinzas, van saindo lentamente (levantándose) e comezan a bailar! 
Pero, hai que ter moito coidado coa gaivota. Cando para a música, é o aviso de que temos que quedar quietos, para que non nos leve.


Pero que marchosos estes caranguexos non credes?

viernes, 21 de febrero de 2020

Na lingua que eu falo!

Hoxe é 21 de Febreiro, día da lingua materna. O luns é 24 de Febreiro, día de Rosalía de Castro.
Tendo en conta estas dúas datas, na aula de música cantamos con moito agarimo esta canción, inspirada na poesía desta escritora. 
É de Najla Shami e Uxía e chámase
¨ Na lingua que eu falo¨.
Porque estamos orgullos@s da nosa lingua e das nosas escritoras.
Agardamos que vos guste moito!

miércoles, 12 de febrero de 2020

Twist! Nota mi en frauta


Imos ver esta nova cación chamada Twist, que inclúe o traballo coa nota MI da man dereita.
Tiñamos pouco traballo feito coa frauta en cursos anteriores, por iso imos despaciño para afianzar ben as notas.

O twist é un baile basado no rock and roll moi popular a partir de 1950, chamado así por unha canción ¨ The twist¨.
Foi o primeirobaile basado no rock and roll, onde as parellas non se tocaban mentres bailaban.
Queredes escoitar e ver un exemplo?



E agora... a tocar! O noso twist é mais sinxelo, pero non deixa de ser divertido, non credes?



miércoles, 5 de febrero de 2020

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza!

Como xa sabedes, aos nenos e nenas de Infantil gústanos moito ler contos, e un que nos apaixona é o da Toupiña.  
Por iso aproveitamos para aprender e cantar a canción.
É que pode pasarlle a calquera! 
Un día a Toupiña saíu do seu tobo, e alguén lle fixo aquilo na cabeza. Quen sería? A pomba, o cabalo, a lebre, a cabra, a vaca, o porco, as moscas...


Non sabemos se é pola gracia que nos fai a Toupiña ou por todos os animais que aparecen neste conto... o que sí sabemos é que nos encanta!
O día 4 de Febreiro, tivemos a sorte de poder asistir ao Teatro Principal para ver representado, e con música, este conto, pola compañía ¨A Xanela do Maxín¨.


domingo, 2 de febrero de 2020

Con Febreiro chega o mes de Rosalía de Castro, que foi unha escritora galega moi importante. 
Para saber máis, pincha enriba da imaxe anterior (que é de Juanlu Nacha, un artista tamén galego).
Aquí vos queda un recopilatorio de 9 cancións, a número 6 aprenderémola na clase de música!

Co

sábado, 25 de enero de 2020

A nosa danza da esperanza!


Aquí están os nenos e nenas de 3º cantando e bailando a canción da Paz deste ano. 
O día 30 resoará no patio da Sionlla. 
Estades preparad@s?

lunes, 20 de enero de 2020

Cancións para A Paz

Déixovos aquí máis cancións para recordar a importancia da Paz non só no cole, senón no mundo. 
Para escoitalas tedes que pulsar enriba de cada imaxe. Son 10 cancións. 
Agardo que vos gusten!


viernes, 17 de enero de 2020

Rondín Pikotín - Frauta 3º

En 3º imos pouco a pouco avanzando coa frauta. Unha nova canción, Rondín Pikotín!
Pulsade enriba do cabalo para ver a partitura, escoitar o audio e practicar dende casa.


Musa de los vientos - Frauta


Nova partitura para frauta, ¨ Musa de los vientos¨, con notas que xa coñecemos. 




Ten unha estructura A-B-A. En canto dominemos a parte de frauta iremos incorporando os instrumentos de placas (xilófonos, metalófonos e carillóns) e dividirémonos para tocar en conxunto.
A estudiar moito!

miércoles, 8 de enero de 2020

O baile da Paz

O 30 de Xaneiro celebramos o día da Paz onde nos comprometemos, nenos/as e profes a defendela. 
Sabedes por qué se escolleu este día? Porque ese día celébrase o aniversario de Mahatma Gandhi,  que foi un líder pacifista que defendía a non violencia.
Na aula de música imos aprender unha canción moi divertida do grupo Mamácabra que se chama ¨ O baile da Paz¨
Déixovos aquí a letra e tamén un vídeo con pictogramas feito polo Ceip A Gándara, para que a vaiades aprendendo. 
Ademais de cantala imos a bailala e con ela recordar que os nenos/as da Sionlla queremos a Paz!