lunes, 23 de marzo de 2020

Xogo de mans e pés

Para comezar ben a semana, traio un xogo moi divertido que podedes practicar en familia (se alguén se anima).
Chámase ¨Mans e pés¨
Con el fortalecemos os reflexos, a concentración e a coordinación ao mesmo tempo que nos divertimos!


O xogo consiste en debuxar (ou imprimir se temos a posibilidade) as tarxetas que vos poño abaixo, coas figuras de pés e mans. Temos que ter en conta que hai posición dereitaesquerda.
Podemos debuxar/imprimir seguindo a orde que se propón, ou colocalas libremente (ao voso gusto).
Temos que ir saltando e colocando os pés ou as mans tal e como indica. 
Para entendelo déixovos un vídeo.

Se tedes plastificadora, ou forro de libros, podedes forrar as vosas plantillas para que non se estropeen e poidades empregar o xogo tantas veces como queidades.
Ademais podemos engadir un tempo, de maneira que teñamos que superar toda a ronda nun tempo marcado, ou tamén poñer a música que nos guste, intentando seguir o ritmo da música cos saltos.
Déixovos aquí as plantillas. Pulsando enriba podedes descargalas. 
Espero que vos guste!









Se alguén se atreve a mandar foto/vídeo desta tarefa, coma sempre xa sabedes que será ben recibida: 
asionllamusical@gmail.com

domingo, 22 de marzo de 2020

A relaxación da auga

Algunhas actividades que vos propoño hoxe, están relacionadas coa auga, porque hoxe é o día mundial da auga

1) Os vasos musicais:
  • Collemos varios vasos de cristal. 
  • En cada vaso poñemos distintas cantidades, (de maior a menor). 
  • Se non temos colorante para darlles cor, podemos facer etiquetas para cada vaso ou  pegatinas de cores en cada un para diferencialos. 
  • Collemos unha culler, e golpeando suavemente no vaso poderemos experimentar os sons que se producen. Canta menos auga, o son máis agudo será, e canta máis auga, son máis grave. A qué vos sona? SIII, as notas musicais! 
  • Un exemplo:

2) Canción de Magín Blanco, ¨A auga¨:
Unha canción moi sinxeliña e relaxante, que podemos aprender en 5 minutiños. Deixo letra e vídeo.



3) Relaxación ¨ O folio¨: 

Tumbámonos cun folio na barriga. Poñemos a música anterior, e cos ollos pechados collemos aire suavemente polo nariz, contando ata 3, e soltamos pola boca facendo o son ¨s¨. Con isto temos que observar como o folio sube e baixa coa nosa repiración. Isto axúdanos a manternos tranquilos/as e calmados.

Moito ánimo! 
A disfrutar destas actividades cando queirades!

Espero as vosas fotos/vídeos traballando:
asionllamusical@gmail.com

sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA

Sabedes qué día é hoxe? 21 de marzo sí, o día mundial da poesía. Por iso dende Biblioteca anímannos a participar nun concursiño... aínda non sabedes de qué se trata? Pois aquí volo deixo.



Veña que está chupado!
Eu déixovos dous libros onde as poesías foron convertidas en cancións.

1) CANTA O CUCO - Uxía e Magín Blanco adicado a Manuel María



2) ROSALÍA PEQUENIÑA - Uxía adicada a Rosalía de Castro

viernes, 20 de marzo de 2020

Sen darnos conta... chegou a Primavera!

Pois este ano, a 20 de marzo, chegou unha nova estación, a Primavera. Aquí vos deixo para desfrutar esta canción

A PRIMAVERA - Mamacabra

miércoles, 18 de marzo de 2020

NOVAS CANCIÓNS FRAUTA

Algunhas cancións para practicar dende casa por cursos. 

2º PRIMARIA


3º PRIMARIA


4º PRIMARIA



5º PRIMARIA



6º PRIMARIA


Temos traballo, así que a currar! Se alguén se anima a gravarse mentres toca (co permiso de mamá/papá), podedes enviarme ao email de música
asionllamusical@gmail.com
Aquí tamén podedes escribirme para contarme o que queirades, ou se tedes ideas que queredes que prepare para vós, neste tempo que non nos vemos no cole.

Ou tamén podedes deixar comentarios debaixo da publicación,
E dicirvos, que a profe bótavos un montón de menos!
:)

domingo, 15 de marzo de 2020

Os oficios!

Estiven pensando estes días, e decateime da importancia que teñen todas as profesións, ningunha está por riba doutra, todas son importantísimas, 
non credes?
Por iso quixen facer un recopilatorio de cancións que me gustan que falan de diferentes oficios...Nestes días é cando nos damos conta do valor que teñen todos eles!
 Aquí volas deixo.



E tiven


Con elas traio un pequeno traballiño de investigación... 
Quen se apunta?
Tedes toda esta semana para resolver os oficios ocultos tras as cancións!
Lembrade poñerme nome e curso, para saber quen investigou!

miércoles, 11 de marzo de 2020

Ou iso, ou aquilo!

Seremos o que queiramos ser!
Independentemente de ser neno ou nena. 
Por iso estamos aprendendo esa canción que ten unha melodía tan divertida.
O respeto é un valor que temos moi en conta na aula de música.


martes, 3 de marzo de 2020

Os caranguexos

Os nenos e nenas de 3 anos, convertíronse en caranguexos este Entroido. 
E na aula de música aprendimos esta canción que tanto nos gustou!


Ademais gústanos moito xogar ao xogo dos caranguexos ¨bailongos¨. 
Que non sabedes de que se trata? Pois os caranguexos atópanse durmindo na súa cova musical (que é o pentagrama que temos na aula). Cando comezan a escoitarse as pinzas, van saindo lentamente (levantándose) e comezan a bailar! 
Pero, hai que ter moito coidado coa gaivota. Cando para a música, é o aviso de que temos que quedar quietos, para que non nos leve.


Pero que marchosos estes caranguexos non credes?

viernes, 21 de febrero de 2020

Na lingua que eu falo!

Hoxe é 21 de Febreiro, día da lingua materna. O luns é 24 de Febreiro, día de Rosalía de Castro.
Tendo en conta estas dúas datas, na aula de música cantamos con moito agarimo esta canción, inspirada na poesía desta escritora. 
É de Najla Shami e Uxía e chámase
¨ Na lingua que eu falo¨.
Porque estamos orgullos@s da nosa lingua e das nosas escritoras.
Agardamos que vos guste moito!

miércoles, 12 de febrero de 2020

Twist! Nota mi en frauta


Imos ver esta nova cación chamada Twist, que inclúe o traballo coa nota MI da man dereita.
Tiñamos pouco traballo feito coa frauta en cursos anteriores, por iso imos despaciño para afianzar ben as notas.

O twist é un baile basado no rock and roll moi popular a partir de 1950, chamado así por unha canción ¨ The twist¨.
Foi o primeirobaile basado no rock and roll, onde as parellas non se tocaban mentres bailaban.
Queredes escoitar e ver un exemplo?



E agora... a tocar! O noso twist é mais sinxelo, pero non deixa de ser divertido, non credes?



miércoles, 5 de febrero de 2020

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza!

Como xa sabedes, aos nenos e nenas de Infantil gústanos moito ler contos, e un que nos apaixona é o da Toupiña.  
Por iso aproveitamos para aprender e cantar a canción.
É que pode pasarlle a calquera! 
Un día a Toupiña saíu do seu tobo, e alguén lle fixo aquilo na cabeza. Quen sería? A pomba, o cabalo, a lebre, a cabra, a vaca, o porco, as moscas...


Non sabemos se é pola gracia que nos fai a Toupiña ou por todos os animais que aparecen neste conto... o que sí sabemos é que nos encanta!
O día 4 de Febreiro, tivemos a sorte de poder asistir ao Teatro Principal para ver representado, e con música, este conto, pola compañía ¨A Xanela do Maxín¨.


domingo, 2 de febrero de 2020

Con Febreiro chega o mes de Rosalía de Castro, que foi unha escritora galega moi importante. 
Para saber máis, pincha enriba da imaxe anterior (que é de Juanlu Nacha, un artista tamén galego).
Aquí vos queda un recopilatorio de 9 cancións, a número 6 aprenderémola na clase de música!

Co