Déixovos por aquí algúns dos vídeos que fun gravando dalgunhas actividades que preparamos na aula de música. Iremos engadindo máis. Agardo que vos gusten!
jueves, 17 de diciembre de 2020
jueves, 10 de diciembre de 2020
TEMPO DE NADAL
martes, 1 de diciembre de 2020
Dime que fixeches!
Antón é un pouco preguntón, e quería saber moitas cousas. Por iso en Infantil nesta canción contámosllas e cantámosllas. Ademais dramatizámola cos xestos de cada animaliño, queredes volver a cantala? Aquí vola deixo.
É de Migallas e gustounos moito!
sábado, 28 de noviembre de 2020
Que instrumento sona?
Para complementar o traballo coas familias de instrumentos musicais, imos poñer a proba os nosos oídos. A ver se sodes capaces de adiviñar que instrumento sona, e coñecemos algúns datos interesantes de cada un deles, ademais de identificar a familia á que pertencen.
viernes, 27 de noviembre de 2020
Clasificacións dos instrumentos
Na aula estamos traballando dúas clasificacións dos instrumentos. Aquí vos deixo dous genially para que poidades seguir repasando.
miércoles, 25 de noviembre de 2020
POR ELAS: 25 N
Oxalá chegue un tempo no que non teñamos que conmemorar o 25 N, pois non hai excusas para a violencia!
Déixovos un vídeo dunha canción que me gusta moito. Se vos animades a gravarvos cantando e xesticulando o retrouso, enviádemo a: asionllamusical@gmail.comlunes, 23 de noviembre de 2020
I Certame de Panxoliñas de Nadal
Achégase o Nadal e dende o noso colexio en colaboración coa Biblioteca, coordinacións de Actividades Extraescolares, EDLG, TICs e aula de música, lanzamos o I CERTAME DE PANXOLIÑAS EN FAMILIA, no que podedes participar todos e todas acompañados das vosas familias (avós/as, tíos/as, nais e pais, irmáns, primos/as...).
Déixovos o cartaz e tamén as bases para participar.
jueves, 19 de noviembre de 2020
RETO FRAUTA: 5º e 6º
Boas nenos e nenas.
Aquí vos queda o reto de frauta (que tamén o tedes na aula virtual do cole). Lembro que podedes entregalo ou ben a través da aula virtual directamente, ou ben a través do email de música asionllamusical@gmail.com.
Dentro da aula virtual, buscamos a materia de música do noso curso, e no tema un podedes atopar os vídeos e a tarefa para entregar. Para empezar escollín pezas moi sinxeliñas, pois tiñamos traballado pouco en frauta...
Moito ánimo!
5º
lunes, 16 de noviembre de 2020
BO MAGOSTO!
A semana pasada os nenos e nenas de 1º de Primaria baixamos ao patio a bailar e xogar coa canción de Mamacabra adicada ao Magosto.
Aquí vos deixamos o vídeo a ver se vos gusta!
miércoles, 11 de noviembre de 2020
Clap, Clap Sound!
miércoles, 4 de noviembre de 2020
Percusión Corporal de Cine
Déixovos as dúas propostas que estamos traballando na aula con percusión corporal, para que sigades practicando dende a casa.











