No blog Afiestradamestraatopei este ritmograma ben curioso. Sabedes que significa a palabra ronsel? Pois é o rastro que van deixando os barcos cando van navegando polo mar.
Como estamos co proxecto no cole de mares e océanos, podería haber actividade máis axeitada ca esta, para traballar dende música? Tripulación, temos tarefa nova!
Que precisades? Pois cousas de andar por casa... Como non temos a percusión da aula, imos empregar un garfo e unha culler (poden ser de madeira ou de metal) e unha mesa para percutir nela.
1º escoitamos a canción sen facer nada.
2º probamos con palmas, primeiro palmeamos a parte dos garfos e despois a parte das culleres, por separado e logo xunto, tendo en conta que cando non hai nada é un silecio.
3º probamos primeiro con un obxecto e logo co outro.
4º tentamos seguir o ritmograma con ambos obxectos.
Podemos retar á familia, a ver quen consigue facelo sen errar.
Música, acción! (tema de Luar na Lubre interpretado por Lume)
Se alguén se atreve a enviar foto/vídeo desta tarefa, coma sempre xa sabedes que será ben recibida: asionllamusical@gmail.com
Fostes ver algunha vez o Circo do Sol? Eu dúas veces, é un espectáculo que merece moito a pena.
Onte compartiron na súa páxina un especial para alegrarnos o día, dentro de toda esta encerrona, e como hoxe é sábado, pensei que vos gustaría velo. Aduración é dunha hora.
Agardo que vos guste tanto como a min.
Aquí volo deixo con unha pequena información. Para velo tedes que pulsar na imaxe central.
1) Imos construir outro instrumento musical, esta vez non con vasos, senón con culleres. Chámanse ¨ Culleres Trico trico¨. 2) Con elas aprenderemos unha canción moi sinxeliña que cantaremos acompañándoa co noso instrumento. 3) Ademais engadímoslle unha pequena coreografía!
Explícannolo xenial Ana Quílez e Estevao Marques.
A canción é tradicional española, e chámase ¨La chata merengüela¨
Coma sempre se alguén se atreve a facelo (tanto o instrumento como a canción) podedes mandarme foto/vídeo a:
Fixen unha actividade que me encantou e que quería compartir con todos vós.
Trátase dun debuxo guiado, por un pintor galego que se chama Leandro Lamas.
Neste debuxo aparecen músicos/as con algúns instrumentos. Animádesvos a facelo? Aquí vos deixo unha presentación que fixen, cos debuxos que foi deixando el, para explicarvos paso a paso. Ide pasando as páxina e dádelle ao son para escoitar a música. Tamén podedes agrandar a prensentación (no botón abaixo á dereita), para que sexa máis fácil de ver.
No facebook del, podedes ver cantos nenos/as e maiores participaron, un montón!!!! Qué sorte temos con estes artistas. Unha aperta musical, da profe Ana.
Se alguén se atreve a mandar foto/vídeo desta tarefa, coma sempre xa sabedes que será ben recibida:
Para comezar ben a semana, traio un xogo moi divertido que podedes practicar en familia (se alguén se anima).
Chámase ¨Mans e pés¨
Con el fortalecemos os reflexos, a concentración e a coordinación ao mesmo tempo que nos divertimos!
O xogo consiste en debuxar (ou imprimir se temos a posibilidade) as tarxetas que vos poño abaixo, coas figuras de pés e mans. Temos que ter en conta que hai posición dereita e esquerda.
Podemos debuxar/imprimir seguindo a orde que se propón, ou colocalas libremente (ao voso gusto).
Temos que ir saltando e colocando os pés ou as mans tal e como indica.
Para entendelo déixovos un vídeo.
Se tedes plastificadora, ou forro de libros, podedes forrar as vosas plantillas para que non se estropeen e poidades empregar o xogo tantas veces como queidades.
Ademais podemos engadir un tempo, de maneira que teñamos que superar toda a ronda nun tempo marcado, ou tamén poñer a música que nos guste, intentando seguir o ritmo da música cos saltos.
Déixovos aquí as plantillas. Pulsando enriba podedes descargalas. Espero que vos guste!
Se alguén se atreve a mandar foto/vídeo desta tarefa, coma sempre xa sabedes que será ben recibida:
Algunhas actividades que vos propoño hoxe, están relacionadas coa auga, porque hoxe é o día mundial da auga.
1) Os vasos musicais:
Collemos varios vasos de cristal.
En cada vaso poñemos distintas cantidades, (de maior a menor).
Se non temos colorante para darlles cor, podemos facer etiquetas para cada vaso ou pegatinas de cores en cada un para diferencialos.
Collemos unha culler, e golpeando suavemente no vaso poderemos experimentar os sons que se producen. Canta menos auga, o son máis agudo será, e canta máis auga, son máis grave. A qué vos sona? SIII, as notas musicais!
Un exemplo:
2) Canción de Magín Blanco, ¨A auga¨:
Unha canción moi sinxeliña e relaxante, que podemos aprender en 5 minutiños. Deixo letra e vídeo.
3) Relaxación ¨ O folio¨:
Tumbámonos cun folio na barriga. Poñemos a música anterior, e cos ollos pechados collemos aire suavemente polo nariz, contando ata 3, e soltamos pola boca facendo o son ¨s¨. Con isto temos que observar como o folio sube e baixa coa nosa repiración. Isto axúdanos a manternos tranquilos/as e calmados.
Moito ánimo! A disfrutar destas actividades cando queirades! Espero as vosas fotos/vídeos traballando: asionllamusical@gmail.com
Sabedes qué día é hoxe? 21 de marzo sí, o día mundial da poesía. Por iso dende Biblioteca anímannos a participar nun concursiño... aínda non sabedes de qué se trata? Pois aquí volo deixo.
Veña que está chupado!
Eu déixovos dous libros onde as poesías foron convertidas en cancións.
1) CANTA O CUCO - Uxía e Magín Blanco adicado a Manuel María
2) ROSALÍA PEQUENIÑA - Uxía adicada a Rosalía de Castro
Algunhas cancións para practicar dende casa por cursos. 2º PRIMARIA
3º PRIMARIA
4º PRIMARIA
5º PRIMARIA
6º PRIMARIA
Temos traballo, así que a currar! Se alguén se anima a gravarse mentres toca (co permiso de mamá/papá), podedes enviarme ao email de música
asionllamusical@gmail.com
Aquí tamén podedes escribirme para contarme o que queirades, ou se tedes ideas que queredes que prepare para vós, neste tempo que non nos vemos no cole.
Ou tamén podedes deixar comentarios debaixo da publicación,
E dicirvos, que a profe bótavos un montón de menos!
Estiven pensando estes días, e decateime da importancia que teñen todas as profesións, ningunha está por riba doutra, todas son importantísimas, non credes?
Por iso quixen facer un recopilatorio de cancións que me gustan que falan de diferentes oficios...Nestes días é cando nos damos conta do valor que teñen todos eles!
Aquí volas deixo.
E tiven
Con elas traio un pequeno traballiño de investigación...
Quen se apunta?
Tedes toda esta semana para resolver os oficios ocultos tras as cancións!
Lembrade poñerme nome e curso, para saber quen investigou!
Os nenos e nenas de 3 anos, convertíronse en caranguexos este Entroido.
E na aula de música aprendimos esta canción que tanto nos gustou!
Ademais gústanos moito xogar ao xogo dos caranguexos ¨bailongos¨. Que non sabedes de que se trata? Pois os caranguexos atópanse durmindo na súa cova musical (que é o pentagrama que temos na aula). Cando comezan a escoitarse as pinzas, van saindo lentamente (levantándose) e comezan a bailar!
Pero, hai que ter moito coidado coa gaivota. Cando para a música, é o aviso de que temos que quedar quietos, para que non nos leve.