viernes, 26 de febrero de 2021

CANTANDO A ROSALÍA DE CASTRO


O alumnado de 4º EP cantámoslle a Rosalía de Castro a versión de Adhara and Ritman.


E o alumnado de 2º EP cantámoslle a Rosalía de Castro a versión de Uxía dun dos seus poemas, No bico un cantar!

lunes, 22 de febrero de 2021

24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Achégase o día, e como cada 24 de febreiro lembramos á nosa escritora Rosalía de Castro.

Este ano non tivemos tempo a preparar un vídeo como fixemos o ano pasado. Aínda con todo, escollín esta canción inspirada nun dos seus poemas do grupo galego, que me gusta moito, Adhara and Ritman, chamada ¨Cantarte hei Galicia¨.

Déixovos o vídeo da canción e a letra para que poidades aprendela e cantala dende a casa tamén.




Animádevos a facer o Escape Room de Rosalía e demostrar todo o que sabedes da nosa escritora.
E se queredes lembrar o vídeo que fixemos oo ano pasado tamén podedes volver a velo: VÍDEO.

jueves, 18 de febrero de 2021

HOCKY POCKY

En infantil, 1º e 2º imos comezar con esta canción e baile chamado Hocky Pocky. Ademais de divertirnos aprendemos a diferenciar esquerda e dereita, así como a segmentación do noso corpo.
Aquí vos deixo o vídeo para que poidades seguir practicando o baile e a canción dende as vosas casas.

martes, 16 de febrero de 2021

BSO Mary Poppins con Boomwhackers

 O alumnado de 5º EP estivemos practicando esta BSO da famosa película de Mary Poppins, con estos tubos que tanto nos gustan. Temos aínda que seguir mellorando, a ver que vos parece!


lunes, 8 de febrero de 2021

Larry e os seus ovos sorpresa!

 En infantil encántanos descubrir que sorpresas nos trae Larry dentro dos seus ovos de cores sorpresa. 


Con el poñemos a proba os nosos oídos, e descubrimos non só os sons dos instrumentos, tamén os sons dos animais.
Queredes repetir? Aquí vos deixo co Loro Larry, o noso novo amiguiño!


viernes, 5 de febrero de 2021

Soco, bate, vira!

 Activamos os 5 sentidos e con este xogo de percusión corporal traballamos a concentración e a coordinación.

Ollo que cando vai rápido é moito máis complicado! 4º 5º e 6º estamos traballando para facelo perfecto! A ver se pronto podemos ensinar vídeos do noso traballo!

martes, 2 de febrero de 2021

A danza da fada de azucre

 A danza da fada de azucre, é unha das danzas que inclúe ¨O crebanoces¨ do compositor Tchaikovsky. Os nenos/as de 3º de primaria estivemos escoitando esta audición, na que o instrumento máis destacado é a celesta, un instrumento de percusión, que por fóra parece un pequeno piano. A diferencia é que na celesta, ao pulsar as teclas, estas accionan uns martelos que golpean láminas de metal, de aí o seu son, que nos produce sentimentos de misterio, dozura, relaxación...


Vimos este vídeo que nos deixou hipnotizados, pois é moi divertido e con el ademais de interiorizar esta famosa melodía, relaxámonos escoitando e visualizando o vídeo. Agardo que vos guste!