Cos maiores estamos traballando esta canción con esta letra tan bonita, que fala da amizade e do bonito que é querer. Nos tempos que corren, non está de máis reflexionar sobre esto.
viernes, 9 de abril de 2021
lunes, 29 de marzo de 2021
Concerto Pakolas
Hoxe comeza o prazo para inscribirse e asistir ao concerto de Pakolas organizado polo concello de Ames. Se vos apetece un concerto, aquí vos deixo a información por se alguén se anima.
Música e divertimento asegurados, agora que estamos de vacacións, que non falte a música!
viernes, 26 de marzo de 2021
BLOB OPERA
jueves, 25 de marzo de 2021
AS CALIDADES DO SON
lunes, 22 de marzo de 2021
A MIÑA TÍA
Tantas tías que temos e que ben cantan e tocan as desta canción do grupo Mamá Cabra! Ademais de cantala bailamos e acompañamos con xestos. Aquí vos queda para seguir practicando.
viernes, 26 de febrero de 2021
CANTANDO A ROSALÍA DE CASTRO
lunes, 22 de febrero de 2021
24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Achégase o día, e como cada 24 de febreiro lembramos á nosa escritora Rosalía de Castro.
Este ano non tivemos tempo a preparar un vídeo como fixemos o ano pasado. Aínda con todo, escollín esta canción inspirada nun dos seus poemas do grupo galego, que me gusta moito, Adhara and Ritman, chamada ¨Cantarte hei Galicia¨.
Déixovos o vídeo da canción e a letra para que poidades aprendela e cantala dende a casa tamén.
jueves, 18 de febrero de 2021
HOCKY POCKY
martes, 16 de febrero de 2021
BSO Mary Poppins con Boomwhackers
lunes, 8 de febrero de 2021
Larry e os seus ovos sorpresa!
En infantil encántanos descubrir que sorpresas nos trae Larry dentro dos seus ovos de cores sorpresa.
viernes, 5 de febrero de 2021
Soco, bate, vira!
martes, 2 de febrero de 2021
A danza da fada de azucre
A danza da fada de azucre, é unha das danzas que inclúe ¨O crebanoces¨ do compositor Tchaikovsky. Os nenos/as de 3º de primaria estivemos escoitando esta audición, na que o instrumento máis destacado é a celesta, un instrumento de percusión, que por fóra parece un pequeno piano. A diferencia é que na celesta, ao pulsar as teclas, estas accionan uns martelos que golpean láminas de metal, de aí o seu son, que nos produce sentimentos de misterio, dozura, relaxación...
Vimos este vídeo que nos deixou hipnotizados, pois é moi divertido e con el ademais de interiorizar esta famosa melodía, relaxámonos escoitando e visualizando o vídeo. Agardo que vos guste!







