martes, 5 de octubre de 2021

Xogo de notas: do grave - re agudo

Aquí vos deixo uns xogos para repasar e practicar a colocación das notas de do grave a re agudo no pentagrama, en clave de sol. 

Cal vos gusta máis? A por elas!


jueves, 30 de septiembre de 2021

Dinámica con ovos musicais

 Na clase de música estivemos traballando esta dinámimca con ovos musicais en varios cursos. 

Neste vídeo podedes ver ao alumnado de 5º de Primaria. Para facelo correctamente, precisamos concentración, traballo en grupo, coordinación, atención... todo isto necesario en toda actividade musical. 

E levan o ritmo bastante ben, non credes?

martes, 21 de septiembre de 2021

Wellerman - Hermoti

Os de 6º estivemos traballando con esta canción na clase. Ademais fixemos os acompañamentos con percusión corporal. Déixovos a letra para poder cantala de novo dende a casa, mais os vídeos da canción e da percusión corporal de Nerea Seijoso.




domingo, 12 de septiembre de 2021

Comezamos!

 

Como ben di Magín Blanco na súa canción ¨Benvidos, pequenos amigos!¨

Chega un novo curso, e eu contenta de poder compartilo de novo con vós. Oxalá veña cargado de cousas boas e poidamos aledar os nosos días con música!

Imos!


PREGUNTA: Que instrumento cres que destaca nesta canción? Léovos en comentarios! 👀👂👋

martes, 22 de junio de 2021

Estamos no verán!

Despois dun duro curso, chegou o verán! E teño que felicitarvos polo voso traballo e constancia, a pesar de todas as cousas que se vos pediu. Estou moi orgullosa de todos e todas vós e deséxovos un feliz verán.


Non vos esquezades de bailar, cantar e tocar sempre que poidades, pois a música é felicidade!
Unha especial aperta ao alumnado de 6º que continuará o seu camiño no instituto, lembrade que aquí teredes sempre as portas de música abertas!

  
Vémonos o próximo curso.

A profe: Ana.

miércoles, 16 de junio de 2021

Try everything: percusión corporal

Para seguir traballando coa percusión corporal, escollín esta canción cantada por Shakira, Try Everything. 
É unha canción composta para a película de Walt Disney chamada Zootopia.

lunes, 14 de junio de 2021

Traballando con placas: París, Ladybird e Sunny.

 Na aula estamos traballando estas tres cancións pensadas para boomwhackers, que nós as preparamos para placas soltas. Dividimos a canción e repartimos as placas entre nós, traballando a coordinación, concentración e a importancia do traballo en grupo para obter un bo resultado.

Para a identificación das notas, empregamos o código de cores de ¨Pequeño Mozart¨, que relaciona unha cor para cada nota.

Déixovos os vídeos por aquí para que sigades interiorizando dende casa.
 

jueves, 3 de junio de 2021

A máquina de Ramona

Aquí vos deixo a canción de Pakolas que estamos traballando na aula. Gústanos un montón! Deixo o vídeo mais a letra. Lembrade os xestos que facemos para acompañala, ouh yeah! E lembrade tamén cambiar as vogais da letra en cada repetición, veña que xa a sabemos!

A desfrutar!


miércoles, 2 de junio de 2021

Dous concertos moi especiais

 Na semana das Letras Galegas puidemos desfrutar de música galega, como nos encanta. Por unha parte fixéronse dous concertos didácticos de música tradicional galega, levados a cabo por Pablo Seoane e David Canto, cos que puidemos aprender moito máis sobre os nosos instrumentos, sonoridades, ritmos etc. 

Música de fondo: Valxe, Os d'abaixo

Tamén tivemos a sorte de ter a Pakolas con nós, e pasámolo en grande! Bailamos, cantamos e desfrutamos coma nunca. As nosas cancións favoritas, ¨A máquina de Ramona¨ e ¨O rock da roda rota¨, cancións que estamos traballando na aula.
Música de fondo: Rock da roda rota, Pakolas

viernes, 28 de mayo de 2021

Artellando na aula de música - 4º e 6º EP

 Ola a todos e todas.

Déixovos un vídeo onde podedes ver ao  alumnado de 6º acompañando esta canción de Bruno Mars e Mark Ronson, Uptown Funk

Por outro lado o alumnado de 4º cantan e acompañan con percusión corporal Eram sam sam.

miércoles, 12 de mayo de 2021

lunes, 3 de mayo de 2021

Maio longo

 Chega o mes de maio, o mes das flores. Por iso escollín esta canción tan bonita de Uxía que canta coa señora Carmen. 

Déixovos a letra e tamén o vídeo para que poidades cantar dende a casa todo este mes. 



Tamén cos máis maiores empregaremos a seguinte partitura de Nerea Seijoso, para tocala coas placas e ou boomwhackers (posto que este ano o traballo en frauta témolo limitado).
 
FELIZ COMEZO DE MAIO PARA TODOS E TODAS!