viernes, 29 de mayo de 2020

As vosas pitas!

Aquí vos deixo un vídeo que fixen coas cousiñas que me enviastes do día das Letras Galegas. Moitas gracias a todos e todas por esforzarvos tanto, tanto vós como as vosas familias!
Agardo que vos guste!
:)

jueves, 28 de mayo de 2020

Maxia coas palabras!

Quixen seguir coas propostas de Ana Quílez e o seu amigo Estevao Marques, porque este novo xogo musical pareceume súper divertido! imos xogar coas palabras.
Podedes enviarme vídeo/foto facendo este xogo ao email:
asionllamusical@gmail.com

E o RETO para este xogo é: a algún de vós se lle ocorren outras palabras de 3 sílabas que dentro dela teña outras 3 palabras coma cometa? (cometa = come, meta, cota)
Animádevos e pedide que vos axuden un pouquiño na casa e contádeme en comentarios, quero saber con cantas palabras poderíamos facer maxia!
👇

martes, 26 de mayo de 2020

E a música falou!

Fai un par de semanas propuxen unha tarefa chamada ¨A música fala¨, onde tiñades que escoller unha palabra para cada música. E este foi o resultado.
Moitas gracias a todos/as por participar! Así da gusto traballar, con nenos e nenas tan aplicados. 
Agardo que vos guste!
Podedes contarme o que queirades en comentarios 👇

lunes, 25 de mayo de 2020

TOP 5 + 1 de regalo!

Despois deste parón polo festivo/ponte (respetando o calendario escolar deste curso), volvemos outra semana máis, e para rematar ben o mes de maio comezamos este luns con unha parrilla de 5 actividades musicais + 1 que quixen poñer de regalo!

Podedes deixar en comentarios o que vos pareceron 👇 ou ben enviarme as actividades 2) facendo o ritmo (para os peques é máis complicada) ou 3) cantando ao email de música:
asionllamusical@gmail.com

miércoles, 20 de mayo de 2020

Zumm Zumm!

Hoxe 20 de maio é o día mundial das abellas!
Na música as abellas teñen moito que dicir... non só pola danza que fan, ou o zumbido que emiten, senón tamén porque varios compositores importantes inspiráronse nelas para compoñer algunha das súas obras como é o caso de: 

Por iso quixen facer unha recompilación de material relacionado con este insecto tan valioso que temos na natureza. Escollín un pouco para todas as idades, así que ides mirando en función da dificultade e gustos!


Agardo que aprendades moito e vos guste. 
Contádeme 👇

lunes, 18 de mayo de 2020

Adiviña... AEIOU!

Esta canción está pensada para os máis peques, o que non quere dicir que os maiores non poidades aprendela, tanto cantar como os xestos.
Está en castelán pero é MOI PEGADIZA!
Con dicirvos que levo todo o día cantándoa...


ANA QUÍLEZ  & ESTEVAO MARQUES


LETRA

VÍDEO CANCIÓN PARA SEGUIR


DEBUXO A BANDA DAS LETRAS 
(por se apetece colorear)
Para ensinarme as vosas cousiñas, vídeo cantando, foto...
asionllamusical@gmail.com

E para comentarme se vos gustou, se foi pegadiza, difícil, fácil...
👇

domingo, 17 de mayo de 2020

As pitas baixo a choiva!

Hoxe é un día especial para os galegos/as 17 de maio, data na que festaxamos o día das Letras GalegasEste ano van adicadas a Ricardo Carvalho Calero.
Debuxo de Juanlu Nacha

Se queredes saber máis deste escritor, podedes visitar o Blog da Bilio onde, ademais de aprender resolvedes algún misterio a través de 2 xogos que se nos propón.

Tamén dende o Blog de Dinamización da Lingua Galega, nos propoñen algunhas actividades, algunha moi interesante como un contacontos que se chama ¨As pitas baixo a choiva¨.


Dende a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, compartiron moitos recursos, entre eles catro cancións das que eu escollín a que máis me gustou para aprender con vós.

Para celebrar en música as letras galegas, propóñovos 2 tarefas:

1) Aprender e cantar a canción: Alborada das pitas



2) Manualidade para facer, decorar ao gusto, e bailar libremente coa música anterior de fondo.
Podedes enviar calquera actividade destas ao email da aula de música, vídeo cantando/bailando ou fotos:
asionllamusical@gmail.com

viernes, 15 de mayo de 2020

Conto con en-canto. En familia!

Hoxe é 15 de maio, día da familia. Achégase a finde e tráiovos outra proposta que podedes desfrutar coa familia e así comezalo xenial: un conto e un canto, con María e Carlos de Migallas. 
Van descubrirnos historias escondidas dentro dun cesto, atentos/as a ver que sae de aí!


Cóntame, que foi o que máis che gustou?
👇

miércoles, 13 de mayo de 2020

Artistas da Sionlla!

Bos días nenos e nenas!
Hoxe traio unha proposta que se me ocurriu onte e creo que se participamos moitos pode quedar ben bonito.
A ver que vos parece...
#amúsicaune












ANIMÁDEVOS!
A ver que cousas se vos dan tan ben. Montarei un vídeo para que nos poidamos ver todos e todas!
Se tedes dúbidas, podedes preguntar abaixo en comentarios.
👇

martes, 12 de mayo de 2020

O vento leva todo, menos a felicidade! :)

Aquí vos deixo a estes 10 artistas facendo o xogo/canción ¨O vento¨. Graciñas Antón e Martiño, Nagore, Noa, Roque, Pablo, Sabela, Carla, Carmen e Lucía.
Estou MOI CONTENTA co resultado! Oxalá pronto o poidamos repetir todos xuntos no cole!

(para velos a todos, teredes que pasar a páxina na frecha de abaixo á dereita. Tamén podedes facer máis grande a presentación nos 3puntiños ou facer máis grande cada vídeo)

lunes, 11 de mayo de 2020

TOP 5 Actividades!

Hoxe traio 5 actividades que podedes escoller e  traballar durante esta semana. Tedes que pinchar enriba de cada actividade para poder ver e descubrir de que se trata...
 Lembrar que hai actividades pendentes que siguen abertas: 7 palabras para 7 músicas, ritmos con vasos, percusión corporal, bailes... 
ANIMÁDEVOS!
Coma sempre, podedes ensinarme os vosos avances a través de vídeos e/ou fotos ao email de música:
asionllamusical@gmail.com


Podes comentar cal probaches ou cal che gustou máis!

sábado, 9 de mayo de 2020

Miña naiciña... canto traballaron estes nenos/as!!

Resultado da tarefa que propuxen para o día da nai, Roque, Sabela, Carme, Lucía e Noa Lamelas enviáronme o seu resultado. Seguro que coa música de fondo ¨No salón das cereixas¨ fíxose máis levadeiro!
Os instrumentos ocultos tras a canción eran: os principais ACORDEÓN, PANDEIRETA E ZAFOÑA, e os que saen ao final PANDEIRO (ou adufe, de aí que as chicas se chamen adufeiras) e a LATA de pimentón, moi usada na nosa música tradicional galega. Teño unha na casa, xa vos ensinarei como sona!

Acertounos toditos Carla e Nuria!
Agradecer a Sabela, Carme, David, Carlos, Adriana, Lucía e Carmen por participar.

BO TRABALLO A TODOS E TODAS!




viernes, 8 de mayo de 2020

Cantarolas con Paco Nogueiras

Propóñovos comezar a fin de semana, con Paco Nogueiras. Que vos parece?

Tráenos un libro con poemas de Xosé Neira Vilas, algúns deles musicados. Estes poemas evocan os campos, o bulir da fauna, dos bosques e dos ríos, e a vida cotiá da infantia no medio rural. A ver se vos gusta. O final do vídeo ven con sorpresa!


Contádeme que vos pareceu aquí abaixo ⬇️ en comentarios!

jueves, 7 de mayo de 2020

A música fala!


Hoxe traio unha actividade moi divertida. Temos que expresar con unha palabra o que nos fai sentir a música que imos escoitar. Hai 7 fragmentos musicais, e para cada un deberedes escribir unha palabra. 

             

Explícovos...


ANIMÁDEVOS a enviar as vosas palabras a:
asionllamusical@gmail.com

miércoles, 6 de mayo de 2020

A bailar!

O día 29 de abril, Día da danza, lancei 3 propostas para mover o esqueleto. Poucos vos atrevistes a ensinarme os vosos bailes, pero non me enganades, porque sei perfectamente que estades feitos uns ¨bailongos¨! 
Así que para animarvos, déixovos con Roque, Carla e Sabela, para que vexades que ben o fan, e dicirvos que aínda estades a tempo de envialo!
GRACIAS A ELES E AS SÚAS FAMILIAS POR TANTO TRABALLO!
Animádevos! Bailar alegra a vida!

* pasade a páxina na frecha da dereita

martes, 5 de mayo de 2020

CUPS SONGS!

Non sempre precisamos a voz, o corpo ou os instrumentos convencionais para facer música. En ocasións podemos empregar outros obxectos.
Temos practicado algo en clase e non puidemos seguir... por iso aproveitando este tempo que temos que quedar na casa, déixovos 5 cancións para que acompañedes con este ¨instrumento¨.
Mellor debe ser de plástico duro, para que non se rompa.

O que queira ensinarme o seu traballo, xa sabedes:
asionllamusical@gmail.com
Tamén podedes deixar un comentario nesta entrada para saber que vos pareceu!
Apertas para todos/as e moito ánimo.

lunes, 4 de mayo de 2020

Cos pés na terra!

Para conmemorar o día da terra fixemos dúas tarefas: construción de instrumentos con materiais de refugallo e colorear e montar a nosa terriña.
Así de bonitos quedaron os vosos instrumentos e as vosas terriñas, que tamén as podedes ver no blog de biblio xunto con consellos que nos dan para respetar a nosa terra (accións dos 3R), a través doutro vídeo!



Canción de Paco Nogueiras, Cos pés na terra.
Espero que vos guste!

domingo, 3 de mayo de 2020

No salón das cereixas!

Hoxe é un día especial porque recordamos o valor que teñen as nosas nais e avoas na nosa vida.
Co alumnado de 6º comezáramos a ver na aula, esta canción tan fermosa de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre. 
Déixovos o vídeo e a letra, para que a cantedes e bailedes hoxe coas vosas nais/avoas e cando queirades, e tamén unha manualidade.


Quen me di como se chaman os  instrumentos que acompañan á canción? 
Deixa o teu comentario abaixo.
:)
LETRA


MANUALIDADE: está pensado para facer sobre cartulina. Colocar o xarrón, debuxar o talo das margaridas recortar as flores, escribir ou colorear os pétalos e dobrar polos puntos para que quede como en ¨relieve¨.

Este material foi extraído da páxina ¨unapizcadeeducación¨ e modificado para que se axeitara tanto á nosa lingua como á proposta.
Se vos animades, podedes ensinarme unha foto co voso resultado:
asionllamusical@gmail.com

viernes, 1 de mayo de 2020

Cantádeme un maio!

Pasou abril voando e maio chegou. E con el chegan as flores que tanto nos alegran o corazón! 
Sabedes que son os Maios
Son figuras que se fan cunha estrutura, coma se da árbore de Nadal se tratara, e decórase con flores que veñen no mes de maio (de aí o seu nome).
Aproveito para ensinarvos esta bonita imaxe, feita por un pintor ao que admiro moito, Leandro Lamas.

Desta volta pensei en tres propostas de tarefas nas que podedes participar:

1)Cancións: dúas das miñas cancións favoritas para festexar os Maios.

Maio Longo (Uxía - Rosalía Pequeniña)

Os maios - Habelas Hainas

Podemos cantar as cancións ou tamén practicar os RITMOS tradicionais dos Maios con 2 pauciños de madeira que haxa pola casa cos ritmos:
TA - TITI - TA - TA

2) Creación das nosas coplas dos Maios. Podemos pedir axuda na casa (sobre todo os máis peques), e os maiores agudizar o inxenio con esta youtuber que se chama Eira, que tan ben nos explica como facelas.

3) Memorizar algunha destas copliñas
Aquí vos queda algún exemplo recollido e tamén de creación propia. Agardo que vos gusten!




Podedes escribir abaixo as vosas copliñas ou enviarmas a:
asionllamusical@gmail.com

Déixovos tamén a páxina coa iniciativa #cantádemeunmaio na que tamén podedes participar.