Hoxe é 15 de maio, día da familia. Achégase a finde e tráiovos outra proposta que podedes desfrutar coa familia e así comezalo xenial: un conto e un canto, con María e Carlos de Migallas. Van descubrirnos historias escondidas dentro dun cesto, atentos/as a ver que sae de aí!
Aquí vos deixo a estes 10 artistas facendo o xogo/canción ¨O vento¨. Graciñas Antón e Martiño, Nagore, Noa, Roque, Pablo, Sabela, Carla, Carmen e Lucía. Estou MOI CONTENTA co resultado! Oxalá pronto o poidamos repetir todos xuntos no cole!
(para velos a todos, teredes que pasar a páxina na frecha de abaixo á dereita. Tamén podedes facer máis grande a presentación nos 3puntiños ou facer máis grande cada vídeo)
Hoxe traio 5 actividades que podedes escoller e traballar durante esta semana. Tedes que pinchar enriba de cada actividade para poder ver e descubrir de que se trata...
Lembrar que haiactividades pendentesque siguen abertas: 7 palabras para 7 músicas, ritmos con vasos, percusión corporal, bailes...
ANIMÁDEVOS!
Coma sempre, podedes ensinarme os vosos avances a través de vídeos e/ou fotos ao email de música: asionllamusical@gmail.com
Podes comentar cal probaches ou cal che gustou máis! ⬇
Resultado da tarefa que propuxen para o día da nai, Roque, Sabela, Carme, Lucía e Noa Lamelas enviáronme o seu resultado. Seguro que coa música de fondo ¨No salón das cereixas¨ fíxose máis levadeiro!
Os instrumentos ocultos tras a canción eran: os principais ACORDEÓN, PANDEIRETA E ZAFOÑA, e os que saen ao final PANDEIRO (ou adufe, de aí que as chicas se chamen adufeiras) e a LATA de pimentón, moi usada na nosa música tradicional galega. Teño unha na casa, xa vos ensinarei como sona!
Acertounos toditos Carla e Nuria!
Agradecer a Sabela, Carme, David, Carlos, Adriana, Lucía e Carmen por participar.
Propóñovos comezar a fin de semana, con Paco Nogueiras. Que vos parece?
Tráenos un libro con poemas de Xosé Neira Vilas, algúns deles musicados. Estes poemas evocan os campos, o bulir da fauna, dos bosques e dos ríos, e a vida cotiá da infantia no medio rural. A ver se vos gusta. O final do vídeo ven con sorpresa!
Hoxe traio unha actividade moi divertida. Temos que expresar con unha palabra o que nos fai sentir a música que imos escoitar. Hai 7 fragmentos musicais, e para cada un deberedes escribir unha palabra.
Explícovos...
ANIMÁDEVOS a enviar as vosas palabras a: asionllamusical@gmail.com
O día 29 de abril, Día da danza, lancei 3 propostas para mover o esqueleto. Poucos vos atrevistes a ensinarme os vosos bailes, pero non me enganades, porque sei perfectamente que estades feitos uns ¨bailongos¨! Así que para animarvos, déixovos con Roque, Carla e Sabela, para que vexades que ben o fan, e dicirvos que aínda estades a tempo de envialo!
GRACIAS A ELES E AS SÚAS FAMILIAS POR TANTO TRABALLO!
Non sempre precisamos a voz, o corpo ou os instrumentos convencionais para facer música. En ocasións podemos empregar outros obxectos.
Temos practicado algo en clase e non puidemos seguir... por iso aproveitando este tempo que temos que quedar na casa, déixovos 5 cancións para que acompañedes con este ¨instrumento¨.
Mellor debe ser de plástico duro, para que non se rompa.
O que queira ensinarme o seu traballo, xa sabedes:
asionllamusical@gmail.com
Tamén podedes deixar un comentario ⇩ nesta entrada para saber que vos pareceu! Apertas para todos/as e moito ánimo.
Para conmemorar o día da terra fixemos dúas tarefas: construción de instrumentos con materiais de refugallo e colorear e montar a nosa terriña. Así de bonitos quedaron os vosos instrumentos e as vosas terriñas, que tamén as podedes ver no blog de biblio xunto con consellos que nos dan para respetar a nosa terra (accións dos 3R), a través doutro vídeo!
Hoxe é un día especial porque recordamos o valor que teñen as nosas nais e avoas na nosa vida.
Co alumnado de 6º comezáramos a ver na aula, esta canción tan fermosa de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre.
Déixovos o vídeo e a letra, para que a cantedes e bailedes hoxe coas vosas nais/avoas e cando queirades, e tamén unha manualidade.
Quen me di como se chaman os instrumentos que acompañan á canción? Deixa o teu comentario abaixo. :)
LETRA
MANUALIDADE: está pensado para facer sobre cartulina. Colocar o xarrón, debuxar o talo das margaridas recortar as flores, escribir ou colorear os pétalos e dobrar polos puntos para que quede como en ¨relieve¨. Este material foi extraído da páxina ¨unapizcadeeducación¨ e modificado para que se axeitara tanto á nosa lingua como á proposta.
Se vos animades, podedes ensinarme unha foto co voso resultado:
Pasou abril voando e maio chegou. E con el chegan as flores que tanto nos alegran o corazón! Sabedes que son os Maios? Son figuras que se fan cunha estrutura, coma se da árbore de Nadal se tratara, e decórase con flores que veñen no mes de maio (de aí o seu nome).
Aproveito para ensinarvos esta bonita imaxe, feita por un pintor ao que admiro moito, Leandro Lamas. Desta volta pensei en tres propostas de tarefas nas que podedes participar: 1)Cancións: dúas das miñas cancións favoritas para festexar os Maios.
Maio Longo (Uxía - Rosalía Pequeniña)
Os maios - Habelas Hainas
Podemos cantar as cancións ou tamén practicar os RITMOS tradicionais dos Maios con 2 pauciños de madeira que haxa pola casa cos ritmos: TA - TITI - TA - TA
2) Creación das nosas coplas dos Maios. Podemos pedir axuda na casa (sobre todo os máis peques), e os maiores agudizar o inxenio con esta youtuber que se chama Eira, que tan ben nos explica como facelas.
3) Memorizar algunha destas copliñas. Aquí vos queda algún exemplo recollido e tamén de creación propia. Agardo que vos gusten!
Podedes escribir abaixo ⇩as vosas copliñas ou enviarmas a:
asionllamusical@gmail.com
Déixovos tamén a páxina coa iniciativa #cantádemeunmaio na que tamén podedes participar.