martes, 16 de febrero de 2021
BSO Mary Poppins con Boomwhackers
lunes, 8 de febrero de 2021
Larry e os seus ovos sorpresa!
En infantil encántanos descubrir que sorpresas nos trae Larry dentro dos seus ovos de cores sorpresa.
viernes, 5 de febrero de 2021
Soco, bate, vira!
martes, 2 de febrero de 2021
A danza da fada de azucre
A danza da fada de azucre, é unha das danzas que inclúe ¨O crebanoces¨ do compositor Tchaikovsky. Os nenos/as de 3º de primaria estivemos escoitando esta audición, na que o instrumento máis destacado é a celesta, un instrumento de percusión, que por fóra parece un pequeno piano. A diferencia é que na celesta, ao pulsar as teclas, estas accionan uns martelos que golpean láminas de metal, de aí o seu son, que nos produce sentimentos de misterio, dozura, relaxación...
Vimos este vídeo que nos deixou hipnotizados, pois é moi divertido e con el ademais de interiorizar esta famosa melodía, relaxámonos escoitando e visualizando o vídeo. Agardo que vos guste!
jueves, 28 de enero de 2021
CANTAMOS POLA PAZ
lunes, 18 de enero de 2021
MOVÉMONOS POLA PAZ
Achégase o día da paz, e dende o cole queremos preparar esta canción acompañada con xestos, a ver que sae e se podemos ensinárvola. Chámase Móvete e é de Paco Nogueiras.
Aquí vos queda o vídeo para que a poidades ir practicando e escoitando dende a casa.
miércoles, 13 de enero de 2021
PAKETUMETATA
Encántanos esta canción. Con ela traballamos a coordinación motriz e a atención, ademais de acompañar cantando. Resúltanos moi divertida!
lunes, 11 de enero de 2021
La vida es bonita!
Un pouquiño de optimismo sempre nos ven ben, e sobre todo nestes tempos que nos tocou vivir. Por iso escollín esta canción, para poder cantar e acompañala con xestos. É o novo éxito de Rosana, e coma sempre, máis positiva que nunca! E chámase ¨La vida es bonita¨.
Déixovos a letra
e o vídeo para que poidades aprendela de ¨PE¨ a ¨PA¨.
viernes, 1 de enero de 2021
jueves, 17 de diciembre de 2020
Artellando na aula
Déixovos por aquí algúns dos vídeos que fun gravando dalgunhas actividades que preparamos na aula de música. Iremos engadindo máis. Agardo que vos gusten!
jueves, 10 de diciembre de 2020
TEMPO DE NADAL
martes, 1 de diciembre de 2020
Dime que fixeches!
Antón é un pouco preguntón, e quería saber moitas cousas. Por iso en Infantil nesta canción contámosllas e cantámosllas. Ademais dramatizámola cos xestos de cada animaliño, queredes volver a cantala? Aquí vola deixo.
É de Migallas e gustounos moito!








