miércoles, 29 de abril de 2020

FELIZ DÍA DA DANZA!

A elección deste día foi porque coincide co día de nacemento de Jean-Georges Noverre, estudioso desta arte e creador do ballet moderno.
O baile e o ballet son exercicios moi recomendables, xa de forma espontánea ou organizada, produce unha sensación de liberdade axudándonos na coordinación.

Déixovos tres propostas para que movades o esqueleto. 

1º)O xogo da Carrasquiña: sobre todo para os máis peques (infantil e 1º). Este é un baile moi bonitiño que nos quedou por ver na clase. Así que se vos animades, podedes irlle dando un vistazo. O bico e a aperta poden ser ¨polo aire¨, xa que temos que gardar distancias... os bicos e as apertas voadoras tamén son divertidas!

2º) I like to move it: unha proposta para mover o corpo con moito ritmo e ganas! (2º, 3º e 4º)

3º)Dance Monkey: esta precisa maior traballo, concentración e coordinación (5º e 6º). Sodes os maiores e tamén podedes inventar vós outros pasos!


Cada un que escolla a que máis lle guste ou as tres. Os cursos púxenos a modo orientativo. 
Espero que as disfrutedes, podedes animar á familia que bailen con vós!
Podedes comentarme con cal vos animades e se alguén me quere enviar unha mostra... xa sabedes!
asionllamusical@gmail.com

Música co corpo!

Como a voz e o corpo son dous instrumentos que levamos con nós a todas partes, aproveitamos esta temporada (na que non dispoñemos dos instrumentos da aula), para avanzar e seguir coa percusión corporal, que é moi divertida!
Non vos preocupedes se os chasquidos non saen ben, recordade o que digo sempre na aula, facede o xesto! Os pasos para traballalo son:
Miramos o vídeo probando os esquemas rítmicos.
Practicámolos por separado.
Intentamos seguir co chico a música xuntando todo. 

O que se anime a ensinarme os seus progresos, son toda oídos e ollos para ver canto mellorades:
asionllamusical@gmail.com

martes, 28 de abril de 2020

Pasapalabra musical!

Hoxe de tarefa tráiovos este divertido rosco, co que poderedes repasar os nomes de instrumentos, notas, nomes de bailes e un montón de cousas máis! Os máis peques podedes facelo con axuda.


Pulsa en ¨comenzar¨, e lembra que as respostas deben ser en castelán
Ao finalizar aparecerán os erros e as respostas correctas. Fixádevos ben para aprender dos erros.
Podes deixarme un comentario ⇩ e contarme como che foi o xogo!

lunes, 27 de abril de 2020

O VENTO!

Para comezar ben a semana, tráiovos este xogo tan divertido, que inclúe debuxo, percusión corporal e canción
Animádevos a facelo conmigo!


Podedes enviarme un vídeo facéndoo vós ou unha foto do voso papaventos feito con 1 percha e lazos/papeis/teas... 
asionllamusical@gmail.com

domingo, 26 de abril de 2020

A EXPERIMENTAR!

Déixovos aquí esta páxina de Google Chrome para que experimentedes no laboratorio de música. A ver que vos parece!

Podes deixar un comentario contándome que che pareceu!

viernes, 24 de abril de 2020

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL!

Hoxe é o día do libro, e eu quixen contarvos un conto. Ademais no blog de BIBLIOTECA hai moitas sorpresas para celebrar este día. 
A ver se vos gusta...

Se puidérades escoller un instrumento para formar parte da banda dos Bolechas, cal escolleríades?
Anímate e cóntamo nun comentario aquí abaixo! ↓

Déixovos tamén un marcapáxinas dun dragón moi molón! Pulsa enriba para imprimir. Colorea, recorta e monta! Se é en cartolina moitísimo mellor, xa que durará máis!
:)

miércoles, 22 de abril de 2020

COS PÉS NA TERRA!

Hoxe celebramos o 50º día da terraA nosa homenaxe dende música facémola construíndo un instrumento musical con materiais que temos por casa (reutilizando), como podedes ver na entrada de onte.
E tamén con música, desta vez de Paco Nogueiras, que somos moi fans del! 
A pregunta de hoxe é: 
Que árbores se mencionan na canción?

A maiores quédavos aquí un debuxo para colorear a vosa terriña e montarlle cos brazos e as perniñas.
Podedes deixar a resposta nun comentario nesta entrada (aquí abaixo) ou escribirme para calquera dúbida en:
asionllamusical@gmail.com

martes, 21 de abril de 2020

TAREFAS II

Aquí vos queda un resumo das últimas tarefas nas que fustes participando. Dentro podedes atopar moitas sorpresas! 
Contádeme que vos parece!

O VELEIRO VERDE CANCIÓN

Hoxe traio unha canción de María Fumasa que nos fai reflexionar acerca do noso comportamento coa terra.
Queredes montar neste veleiro?
Como propostas de tarefa propóñovos dúas cousas:

1) Canción ¨O veleiro verde¨

             VÍDEO                            LETRA



2) Construir un instrumento con material reciclado.
Aproveitando materiais que teñamos por casa para facer cousas novas, como neste caso instrumentos, axudamos á terra a xerar menos lixo...
Déixovos algunhas ideas, pero cada un de vós podedes facer o que máis vos apeteza. Ademais podedes poñerlle un nome ao instrumento.
Aquí tedes un exemplo de un que enviou Carmen e Lucía, construiron un Pau de Choiva. 

Podedes participar cantando a canción, facendo os xestos da linguaxe de signos (coma no vídeo), construíndo o voso intrumento (foto ou vídeo) ou comentando nesta entrada!
ANIMÁDEVOS!
asionllamusical@gmail.com

domingo, 19 de abril de 2020

TAREFA: ESCRIBIR UN COMENTARIO NO BLOG

Hoxe vou explicar como tedes que facer para deixar un comentario nalgún dos blogs do cole.
Temos 5, contando con este de música, e podedes acceder dende este blog no menú dereito, pinchando nas imaxes de cada un: orientación, biblioteca, infantil e @s de 5º.

Unha vez identificado o blog, déixovos as instrucións a seguir para escribir un comentario nalgún deles. 

LEDE CON ATENCIÓN!



A vosa tarefa será deixar un comentario nesta publicación, para saber que entendedes cal é o proceso. 
Os maiores sós e os peques que se animen, con axuda. 
Deste xeito non é preciso enviar e-mail sempre, só cando queirades entregar algo para que eu o vexa. Para responder preguntas, podemos empregar este método.

LEMBRA POÑER NOME E CURSO (se comentas como anónimo ou con unha conta que non sexa túa)
Ánimo e a comentar!

viernes, 17 de abril de 2020

O MELLOR INSTRUMENTO DO MUNDO: o corpo!

Hoxe tráiovos de tarefa, unha canción moi divertida para acompañar co mellor instrumento do mundo, o corpo. 
E sabedes como se chama facer música co corpo? 
Percusión corporal

Imos acompañar a canción ¨Mi gallito¨ con ritmo de jazz, coa axuda destes dous profes magníficos, Ana Quílez e Estevao Marques. Para os máis peques, se nos resulta difícil podemos cantar a canción. E se temos irmáns maiores, podemos repartir o traballo (un canta e outro fai a percusión corporal).

LETRA

VÍDEO
Se aprendedes e vos atrevedes a facer o acompañamento da percusión corporal, déixovos aquí a música sóla para que practiquedes unha vez memorizado o esquema.
E coma sempre se algúen se anima a enviarme un vídeo demostrándome que ben o fai... Ven aí o fin de semana, tedes tempo para practicar!
asionllamusical@gmail.com

miércoles, 15 de abril de 2020

O INSTRUMENTO MISTERIOSO...

NORABOA aos que distes coa resposta correcta do instrumento que estaba escondido tras a canción:
¨De ellos aprendí¨.
David Rial, Brais Mugico, Lucía Blanco, Sabela Iglesias, Carlos e Adriana Suárez (espero non olvidarme de ninguén).
Aquí vos deixo unha presentación con sorpresas, xa me contades que vos parece!
Seguimos traballando e aprendendo. 
Aperta para todos/as!

Dende o barco da Sionlla...

Quixemos facer un vídeo para todos vós, e este foi o resultado. Posto que estamos co proxecto ¨mares e océanos¨, está claro quen é o barco, quen os capitáns e quen a tripulación do noso cole?
Se non o tedes claro, recoméndovos que lle dedes ao play!
Oxalá vos guste tanto como a nós!
:)

 

martes, 14 de abril de 2020

DE ELLOS APRENDÍ!


Bos días nenos e nenas!
Acabáronse as vacacións e de novo andamos por aquí, con novas propostas para facer máis levadeira a corentena.

Hoxe toca canción, para comezar con forza. Esta canción está feita con frases das películas de Disney.
Saberíades dicirme qué instrumento é o que acomopaña?
Déixovos o vídeo para que cantedes en karaoke e vexades os debuxos das pelis, e tamén a letra para quen a queira descargar.


LETRA PARA DESCARGAR

E para comezar ben a semana, tráiovos unha SORPRESA!
Como sodes todos uns campións e campionas, aquí vos deixo unhas pulseiras para facer! Tedes varios modelos, escollede a que máis bos guste. Con estas pulseiras seremos invencibles

Pulsade enriba da imaxe.
Se queredes enviarme vídeo cantando, ou como vos quedaron as vosas pulseiras, xa sabedes que podedes atoparme en:
asionllamusical@gmail.com

lunes, 6 de abril de 2020

APRENDO MÚSICA COAS TIC!

Boas a todos e todas!

Esta semana estamos de vacacións, aínda que non as poidamos disfrutar fóra da casa... Eu aproveitarei para preparar máis tarefiñas divertidas para á volta.
Pero, por se queredes seguir aprendendo, déixovos esta páxina onde podedes atopar cousas relacionadas coa música: posicións da frauta, ritmos, cancións, xogos...

PINCHA ENRIBA DA IMAXE
Recórdovos, para os que non o fixestes xa, que podedes enviarme o arco da vella musical, co que estou facendo un vídeo! Rematará o prazo de entrega e publicarei o vídeo con todas as fotos dos nenos e nenas que ma enviaron.

Ademais podedes seguir traballando en todas as propostas das anteriores entradas: vídeos tocando a frauta, fotos do voso instrumento con culleres, ritmo da canción Ronsel, cantando a canción ¨Cuando volvamos al cole¨, experimento cos vasos musicais, debuxo de Leandro Lamas,  xogo de mans e pés...

VÉMONOS Á VOLTA DAS VACACIÓNS!

viernes, 3 de abril de 2020

AXUDIÑA COAS CANCIÓNS DE FRAUTA

Como non sei se estades practicando as cancións de frauta que vos propuxen para este días, aquí vos deixo uns vídeos/tutoriais para que poidades seguir mirando tocando comigo.

Os que xa saibades a canción que corresponde co voso curso, recoméndovos que intentedes a canción do seguinte, que son moi sinxeliñas! E así podedes ver ata onde sodes capaces de chegar.

Pulsade na vosa canción e practicade comigo, coma se estiveramos na clase! :)



E se alguén quere enviarme vídeo... coma sempre:
asionllamusical@gmail.com

jueves, 2 de abril de 2020

¨Cuando volvamos al cole¨

Hoxe descubrín unha canción que me gustou moito, feita por profes de música de Palencia. Se vos gusta, podemos aprendela, e se vos animades tamén ma podedes enviar cantando vós!
Preparei a letra, para que sexa máis fácil de memorizar, e tamén vos queda o vídeo




Quen se atreve a montar un Karaoke na casa?
asionllamusical@gmail.com
INICIATIVAS QUE NOS GUSTAN:

Para celebrar o Día do Libro Infantil e XuvenilPaco Nogueiras ofrece dende as súas redes sociais un concerto en directo.
Animádevos a cantar e bailar co seu libro/Cd.


Premendo enriba da imaxe, lévavos directamente ao seu perfil de Facebook. Se non o tedes de amigo, podedes aproveitar!
:)

O arco da vella musical!

Quería propoñervos que me axudedes a colorear este arco da vella musical, cada nota cunha cor.

A tarefa consiste en colorear a ficha, e quitarvos unha foto co debuxo, con un sorriso ben grande para que eu poida ver o ben que estades! 

Con todas as fotos que reciba, farei un vídeo con unha música bonita de fondo, para que xamais nos olvidemos que, aínda estando lonxe, nos acordamos os uns dos outros, porque aínda que teñamos que quedarnos na casa, a música únenos.
ANIMÁDEVOS!
 
Gracias Alicia, que compartiu comigo este material, do seu instragram ¨Elaulademusica¨