viernes, 19 de junio de 2020

Agradecida!

E chegou o venres 19, data marcada no calendario escolar 2019/2020 como o último día de clase. A verdade houbérame gustado que fose doutro xeito, e poder despedirme de vós con unha aperta ou cantando e bailando xuntos no cole, pero este curso non puido ser... Así que temos pendente unha aperta, porque para o ano seguirei con vós e estou segura que todo vai ir moito mellor!

E qué bonito foi traballar con vós! 

Graciñas a todos e todas por haber posto tanto da vosa parte, por acoller todas as actividades con emoción e entusiasmo, por participar e deixar a vergoña a un lado, e por facerme rir todos os días cos vosos vídeos e fotos.
Tamén agradecer as familias, porque sei que non foi doado, pero conseguístelo e aprenderon un montón coa vosa axuda.
Déixovos unhas medallas para quen queira imprimilas e recordar este percorrido como algo que nos sirva para mellorar!


Deséxovos un verán bonito e a coller moitas forzas para setembro.
APERTA GRANDE PARA TOD@S!
A profe Ana.

jueves, 18 de junio de 2020

Últimos traballiños!

Chegan os últimos traballiños. Foi un trimestre raro pero penso que productivo, traballastes moito e aprendimos un montón. Oxalá para o curso poidamos facer algúns en directo e tod@s xunt@s!
Espero que vos gusten! 

miércoles, 17 de junio de 2020

Robotizados por Juan!

¨Juan el robot¨ foi unha actividade que propuxen hai unhas semaniñas que axuda a mellorar cousas tan importantes como a memoria, a coordinación, a velocidade de reacción... Non só aprendemos música, aprendemos outras moitas cousas ao mesmo tempo que pasamos un bo rato. E se é acompañados... mellor que mellor!

martes, 16 de junio de 2020

A percusión da Sionlla!

Aquí vos deixo os traballiños da tarefa ¨Soa a percusión¨. Noraboa aos que participaron e agardo que vos guste moito!

lunes, 15 de junio de 2020

Palo bonito!

Comezamos última semana de curso, e tráiovos un novo xogo musical no que só imos precisar os dedos da man!
Co vídeo de Ana Quílez e Estevao Marques que nos van explicar este xogo resultaravos moito máis doado.

Para complementar o traballo, déixovos unha proposta para facer coas vosas mans. Trátase de facer debuxos con elas, por se vos animades e así traballaríamos a materia de Ed. Artística (que engloba as materias de Música e Plástica).
Se queredes ensinarme os vosos resultados aínda estades a tempo:
asionllamusical@gmail.com

Que teñades un bo comezo de semana, xa non queda nada para desrutar das vacacións e coller moita forza para comezar o seguinte curso con moi bo pé!
APERTAS GRANDES PARA TOD@S!

jueves, 11 de junio de 2020

Música, zapatos e.. acción!

Traio unha actividade moi divertida. Para esta só ides precisar os vosos zapatos!

Que imos facer?
Bailar ao ritmo da música! Así que prepara os teus zapatos, música e acción!
Déixovos 1 vídeo explicando a actividade e abaixo un enlace coa música sola (por se vos apetece facelo e gravalo sen que saia a voz da chica).

Canción Letkiss - Roberto Delgado
Idea actividade - @MJpedagogíamusical (Mª José Sánchez Parra) 

martes, 9 de junio de 2020

Ata sempre Pau Donés!

Hoxe foise un cantante ao que eu moito admiro, Pau Donés, cantante do grupo Jarabe de Palo. E quería facerlle unha homenaxe dende o noso blog de música, porque de música algo sabía... 
Como di a canción ¨según como se mire todo depende¨, así que miremos a vida con AMOR, e non con odio, e pensemos en todas as cousas bonitas que temos, disfrutémolas, coidémolas e sexamos o mellor que poidamos.
Déixovos un clásico, que xa ten aniños!

lunes, 8 de junio de 2020

Ecos rítmicos hip hop!

Ola a todos e todas!
Imos achegándonos o remate do curso,con esta 2 semaniñas para descansar. Xa sabedes que as actividades son totalmente voluntarias para aqueles que vos apeteza facelas.
😊

Hoxe propóñovos unha actividade que vin por internet extraído da conta dunha profe, Macarena Ramos, el_espacio_musical_de_maca
Trátase dunha actividade para traballar os ritmos de negra, dobres corcheas e silencio de negra con base de hip-hop. 
Non ten por que facerse sobre pandeireta (posto que non en todas as casas dispoñemos de instrumentos). Podedes facelo sobre unha mesa. 
A idade recomendada sería a partir de 2º. Hai ritmos máis sinxelos ca outros, ide probando e xa me contades! 
Para os máis pequenos é 1 actividade máis complicada, pero non imposible. Se vos animades, adiante! Todo conta para aprender.
E se queredes ensinarme o voso traballo, coma sempre no email de música:
asionllamusical@gmail.com

viernes, 5 de junio de 2020

Ska de la Tierra

Hoxe 5 de Xuño celebramos o día Mundial do Medio Ambiente.  Por esta data fanse campañas de limpeza de praias, bosques, carreteras... Trátase de concienciarnos da importancia de coidar do noso entorno, xa que a moitas persoas non lles interesa o máis mínimo, e mundo só temos un, debemos coidalo!
Ocórresevos algo que poidades facer para colaborar co medio ambiente? Deixa a túa idea en comentarios.
Cada ano establécese un país diferente como anfitrión, para facer as celebración oficiais deste día. Este ano tócalle a Colombia (co apoio de Alemaña).
Dende música propóñovos esta canción de bebe, ¨Ska de la tierra¨.


Inventei uns ritmos de percusión corporal para acompañar a canción. Déixovos o vídeo, para que vexades que a profe tamén se anima a ensinarvos o seu!
E se queredes ensinarme o voso resultado no email da aula de música: asionllamusical@gmail.com

Ademais no Blog de Biblio tedes dous xogos para ver canto sabedes do medio ambiente! 
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES!

jueves, 4 de junio de 2020

Juan o robot!

Este é un xogo musical que nos axuda a levar o pulso na canción.
Ten unha canción moi chula, adaptada por Ana Quílez e Estevao Marques
Se temos irmáns ou alguén que queira facelo con nós, podemos facelo por parellas para que sexa máis divertido, pero tamén o podedes facer sós.
Precisamos un vaso de plástico que podemos decoralo coloreando unha flor e pegándoa no vaso. Déixovos dous modelos pero podedes facelas vós.

Déixovos o vídeo que vos explican moi ben e a letra da canción para quen se anime a cantala.

Para os máis pequenos pode resultar máis complicado, así que coma sempre, podemos adaptalo según a nosa idade. Para os maiores podemos poñelo máis complicado, aumentando a velocidade ou quitándolle a letra a canción.

Se alguén se anima a facelo e ensinarmo, coma sempre eu encantada:
asionllamusical@gmail.com

miércoles, 3 de junio de 2020

martes, 2 de junio de 2020

Contos en cantos! CHOCOLATA

Hoxe toca conto e canto, que xa tiña eu moitas ganas!
O conto ven acompañado con pictogramas. Seguro que xa moitos o coñecedes.


Despois do conto, toca o canto. Aquí vos deixo a canción. A min gústame moito! Que a desfrutedes.

lunes, 1 de junio de 2020

Soa a percusión!

Lembramos que temos en música 3 grandes familias que son: a familia de percusión, familia de vento (vento madeira /vento metal) e a familia de corda. Hoxe comezaremos repasando a familia de percusión
Lembramos con un vídeo cal era esta familia... e logo propóñovos 3 tarefas que podedes escoller unha ou facelas todas, como máis bos guste!

1) Ademais destes hai moitos outros instrumentos de percusión. Escribe en comentarios algún outro instrumento desta familia.

2) Agora axuda a colocar cada instrumento no lugar correspondente segundo sexan de corda, vento ou percusión. Xa me contarás que tal foi e se acertaches todos!


3) Por último imos a convertirnos en percusionistas. 
Que precisamos? Moi doado. Un caldeiro que teñamos pola casa e unhas baquetas, que poden ser uns paus ou mesmo as paletas de madeira que empregamos na casa para cociñar. Cando teñas o teu instrumento, atento porque hai que tocar!

E se nos quedamos con ganas de máis, déixovos tamén unha selección de debuxos para colorear estes instrumentos.